Miguel Mandiás Merino
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 1967 Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Miguel Mandiás Merino, nado en Vilagarcía de Arousa e finado en Buenos Aires en 1967,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario municipal do Grove. Xogou no Anduriña S.D. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar con Jacobo Barral Otero, Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias,[2] foi condenado á pena de morte. Foille conmutada a pena por cadea perpetua. En 1955 obtivo un pase de fronteiras[3] e marchou a Arxentina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 21-11-1967, p. 10.
- ↑ Diario de Pontevedra, 18-11-1936, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-4-1955, 8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mascato, Antón (2019). Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). Santiago de Compostela: Positivas. ISBN 978-84-120184-6-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Miguel Mandiás Merino na páxina web Nomes e Voces.