Ángel Cadavid Caamaño
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1896 O Grove, España |
| Morte | 2 de decembro de 1936 Pontevedra, España |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | médico, político |
| Partido político | Izquierda Republicana |
Ángel Cadavid Caamaño, nado no Grove en 1896 e finado en Pontevedra o 2 de decembro de 1936, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertencía á familia de Ás do Sineiro, que vivían no pazo do Sineiro. Médico do Grove e líder local de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 17 de novembro con Jacobo Barral Otero, Jacobo Otero Goday, Miguel Mandiás Merino, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias,[1][2] acusados de rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado na estrada a Campañó o 2 de decembro de 1936.[3] Ademais impuxéronlle á familia unha multa de dous millóns de pesetas.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefa Botana Gómez e foi pai de Carmen Cadavid Botana e avó de Esther Cid Cadavid (a muller do expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mascato, Antón (2019). Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). Santiago de Compostela: Positivas. ISBN 978-84-120184-6-2.
- Simón Lorda, David (2012). "Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 18: 365. Consultado o 17 de agosto de 2013.