Saltar ao contido

José Prol Figueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Prol Figueiro
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor en Wikidata
O Grove, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (21/22 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3213

José Prol Figueiro, coñecido como Cabo Chiquitín, nado no Grove en 1914 e finado en Pontevedra o 2 de decembro de 1936, foi un sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Participou nos sucesos do Arsenal de Cartaxena, en agosto de 1934, cando era cabo. Xulgado en consello de guerra en Cartaxena por intento de sublevación en novembro de 1934, foi condenado a dez anos de presidio. En xaneiro de 1935 tentou fugarse das prisións militares do Arsenal de Cartaxena xunto cos seus compañeiros de condena, facendo un buraco coas patas metálicas das camas. Sindicalista. Líder do Sindicato de Industria Pesqueira da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar con Jacobo Barral Otero, Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, Miguel Mandiás Merino e Manuel Puente Iglesias,[1] foi condenado á pena de morte. Foi executado en Pontevedra no km 1 da estrada a Campañó o 2 de decembro de 1936.[2]

  1. Diario de Pontevedra, 18-11-1936, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 3-11-1936, p. 8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]