Jacobo Barral Otero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 O Grove, España |
Morte | 15 de decembro de 1996 (89/90 anos) Vigo, España |
Alcalde do Grove | |
1936 – 1936 (destitución) | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Jacobo Barral Otero, nado no Grove en 1906 e finado en Vigo o 15 de decembro de 1996, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobriño de Jacobo Otero Goday. Na Segunda República foi correspondente de El Pueblo Gallego no Grove e presidente do grupo local do Grove do Partido Galeguista. Logo da dimisión da anterior Corporación, foi nomeado xestor e elixido alcalde do Grove a finais de xuño de 1936.[1]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 17 de novembro con Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, Miguel Mandiás Merino, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias,[2][3] acusados de rebelión militar, foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. Estivo preso en San Simón e logo foi trasladado ao Forte de San Cristovo (Pamplona).
A amizade con algunhas familias da burguesía viguesa permitiulle saír adiante durante o franquismo. Estableceuse na provincia da Coruña onde casou. Coa democracia encadrouse no Partido Galeguista e foi candidato do PNG-PG ás eleccións europeas de 1989. Finou en Vigo o 15 de decembro de 1996.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mascato, Antón (2019). Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). Santiago de Compostela: Positivas. ISBN 978-84-120184-6-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Baldomero Sanmartín González |
Alcalde do Grove 1936 |
Sucesor: Aquilino Cabezón Freire |