Jacobo Otero Goday

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jacobo Otero Goday
Nacemento1883
 O Grove
Falecemento27 de xuño de 1964
 O Grove
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Jacobo Otero Goday, nado no Grove en 1883 e finado no mesmo concello o 27 de xuño de 1964[1], foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi alcalde do Grove de 1913 a 1921. Na Segunda República foi presidente do Partido Republicano Gallego do Grove. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido a principios de agosto. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foille conmutada a pena pola de cadea perpetua. Estivo preso en San Simón e logo foi trasladado á Prisión de San Cristóbal (Pamplona). Era tío de Jacobo Barral Otero, que foi alcalde do Grove en 1936.


Predecesor:
?
 Escudo O Grove.svg
Alcalde do Grove
 
1913 - 1921
Sucesor:
?

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O pobo do Grove erixiu por subscrición popular en 1962 un monumento á súa memoria, obra de Alfonso Vilar Lamelas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 1-7-1964, p.14.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]