Midlands do Leste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de East Midlands

Os Midlands do Leste (en inglés, East Midlands) é unha das nove rexións de Inglaterra. Comprende os condados de Derbyshire, Nottinghamshire, Leicestershire, Rutland, Northamptonshire e a maior parte de Lincolnshire (agás o norte e nordés que pertencen a Yorkshire e Humber) . Segundo o censo do 2001 conta cunha poboación de 4.172.179 habitantes distribuidos nunha área de 15.627 quilómetros cadrados, sendo a principal cidade da rexión Nottingham. Outras cidades de importancia son Derby, Leicester e Northampton.