Saltar ao contido

Microscopio óptico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe de microscopio óptico
Microscopio óptico.Descrición:A) ocular, B) obxectivo, C) portador do obxecto, D) lentes de iluminación, E) suxeición do obxecto, F) espello de iluminación.

Un microscopio óptico é un microscopio baseado en lentes ópticas. Tamén se coñece como microscopio de luz, (que utiliza luz ou "fotóns") ou microscopio de campo claro.

O desenvolvemento deste apartado adoita asociarse cos traballos de Anton van Leeuwenhoek. Os microscopios de Leeuwenhoek constaban dunha única lente pequena e convexa, montada sobre unha placa, cun mecanismo para suxeitar o material que se ía examinar (a mostra ou espécime). Este uso dunha única lente convexa coñécese como microscopio sinxelo, resultando un aparello semellante á lupa, entre outros aparellos ópticos.

  • 1608 Zacharias Jansen construíu un microscopio con dúas lentes converxentes.
  • 1611 Johannes Kepler suxeriu o xeito de fabricar un microscopio composto.
  • 1665 Robert Hooke utilizou un microscopio composto para estudar cortes de cortiza e describir os pequenos poros en forma de celas ós que lle chamou "células", punto clave do seu libro Micrographia.
  • 1674 Leeuwenhoek informou do seu descubrimento de protozoarios. Observou bacterias por primeira vez 9 anos despois.
  • 1828 W. Nicol desenvolveu a microscopía con luz polarizada.
  • 1838 Schleiden e Schwann propuxeron a teoría da célula e declaran que a célula nucleada é a unidade estrutural e funcional en plantas e animais.
  • 1849 J. Quekett publicou un tratado práctico sobre o uso do microscopio.
  • 1876 Abbe analizou os efectos da difracción na formación da imaxe no microscopio e amosou como perfeccionar o deseño.
  • 1881 Retzius describe gran número de tecidos animais cun detalle non superado até o de agora por ningún outro microscopista de luz. Nas seguintes dúas décadas el, Cajal e outros histólogos desenvolven novos métodos de tinción e estabelecen os fundamentos da anatomía microscópica.
  • 1882 Kock empregou lolorantes de anilina para tinguir microorganismos e identificou as bacterias causantes da tuberculose e o cólera. Nas dúas décadas seguintes, outros bacteriólogos, como Klebs e Pasteur, identificaron os axentes causantes doutras moitas doenzas examinando ao microscopio preparacións tinguidas.
  • 1886 Carl Zeiss fabricou unhas lentes, seguindo as leis de Abbé, que permitiron ao microscopista resolver estruturas nos límites teóricos da luz visible.
  • 1898 Golgi observou e describiu por primeira vez o orgánulo celular que leva o seu nome, o aparato de Golgi, impregnando as células con nitrato de prata.
  • 1908 Köhler e Siedentopf desenvolveron o microscopio de fluorescencia.
  • 1930 Levedeff diseña e constrúe o primeiro microscopio de contrasete interferencial.
  • 1932 Zernicke inventa o microscopio de contraste de fases. Os microscopios de contraste interferencial e de fase permiten por primeira vez a observación en detalle de células vivas non tinguidas.
  • 1937 Ernst Ruska e Max Knoll, físicos alemáns, constrúen o primeiro microscópio electrónico.
  • 1941 Coons emprega anticorpos acoplados a colorantes fluorescentes para detectar antíxenos celulares.
  • 1952 Nomarski idea e patenta o sistema de contraste interferencial que leva o seu nome para o microscopio óptico.
  • 1981 Allen e Inoué prefeccionan a microscopía óptica de contraste vídeo-amplificado.
  1. Alberts, Bruce (1992). Omega, ed. Biología molecular de la célula (en castelán). ISBN 84-282-0896-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Locquin, Marcel; Maurice Langueron (1985) [1978]. Manual de microscopía [Manuel de microscopie] (en castelán). Barcelona: Labor. ISBN 84-335-0024-4. 

Alberts, Bruce; Bray D., Lewis J., Raff M., Roberts K. e Watson J.D. (1992) [1989]. Biología molecular de la célula (en castelán) (2ª ed.). Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0896-4. 

Paniagua, Ricardo; Manuel Nistal, Sesma, M.P., Álvarez-Uría, M., Anadón, R., Fraile, B., Sáez, F.J. (2002). Citología e histología vegetal y animal (en castelán) (3ª ed.). Madrid: McGraw-Hill - Interamerecana de España. ISBN 84-481-9984-7. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]