Zacharias Janssen
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | década de 1580 A Haia |
| Morte | 1632 Ámsterdam |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Middelburg (1618–1620) |
| Ocupación | facribante de lentes (1616–1616), falsificador de cartos, construtor de instrumentos, glass grinder (en) |
| Familia | |
| Fillos | Johannes Sachariassen |
| Pai | Hans Janssen |
| Descrito pola fonte | Nieuw Nederlandsch Biografisch Woordenboek (en) Biographisch woordenboek der Nederlanden (en) |

Zacharias Janssen (tamén escrito Zacharias Jansen e Sacharias Jansen), nado na Haia ca. 1585 e morto en Ámsterdam ca. 1638,[1] foi un fabricante de lentes neerlandés, considerado un dos inventores do microscopio composto, aínda que a orixe deste aparello é aínda tema de debate. Tamén se asocia coa invención do primeiro telescopio óptico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Janssen desenvolveu a súa actividade en Middelburg. Pertencía a unha familia de ópticos e é moi posíbel que os seus pais, Hans e Maeyken participasen nos seus descubrimentos. Aínda que a orixe do microscopio é unha cuestión incerta, considérase a Jenssen como o inventor do microscopio composto (con dúas lentes), talvez coa axuda do seu pai, no ano 1595. O recoñecemento de dito invento outórgaselle en Middelburg. Xa que Zacharias era moi novo naquelas datas,[2] é posíbel que Hans Lippershey, en cuxo taller traballaba Janssen, fabricara o primeiro, e que o mozo Zach asumira o control da produción.
Os primeiros microscopios producidos polos Janssen eran simplemente un tubo de 45 cm de longo e 5 cm de diámetro cunha lente converxente en cada extremo.[3] Este instrumento chegou a ter entre 3 e 9 aumentos, dependendo do tamaño da abertura do diafragma.

Hai unha lenda que di que Zacharias Janssen, durante a súa infancia, descubriu o microscopio mentres xogaba con outro neno con lentes estragadas no taller de Hans Lippershey. Os rapaces poñían as lentes diante dos seus ollos en dirección ao cataventos da igrexa local e vían como esta parecía acercarse. Lippershey, por suposto, viu neste xoguete un útil instrumento para facer diñeiro, e o bautizou como tubo óptico. Pero esta lenda podería ser, como tantas outras, apócrifa, xa que en realidade a orixe do microscopio está aínda en debate.
O diplomático holandés William Boreel, máis adiante, testemuñaría que Lippershey lle roubara a idea do instrumento a Janssen, cando el tiña só dous anos de idade. Porén, hai serias razóns baseadas na personalidade de Zacharias Jansen para crer que en realidade non é o autor do microscopio, pois tiña reputación de deshonesto, xa que fixo a súa fortuna a base de falsificar moedas de cobre españolas, e despois tamén de ouro e prata.
Grazas ao primeiro microscopio empezaron a verse innumerábeis entes que non se podían ver antes, e comezouse a estudar mellor o que xa antes se vía. Apareceron novas cores, novos condutos e vasos sanguíneos en todos os corpos dos animais; apareceron novos seres vivos, en tanta cantidade que excedían en número aos que antes se coñecían.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zacharias Janssen |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Asimov, Isaac (2007): Historia y cronología de la ciencia y los descubrimientos. Barcelona: Editorial Ariel. ISBN 978-84-344-5344-9
- King, Herry C. (2003): The History of Telesscope. Dover Publications Inc. ISBN 0-486-43265-3
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Lens Crafters Circa 1590: Invention of the Microscope" American Physical Society (en inglés)
- The History of the Telescope (en inglés)