Michel d'Herbigny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMichel d'Herbigny

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1880 Editar o valor em Wikidata
Lille, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de decembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Aix-en-Provence, Francia Editar o valor em Wikidata
Bispo titular
11 de febreiro de 1926 – xullo de 1937
Diocese: Ilium titular see (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificio Instituto Oriental Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1926–), sacerdote católico (1910–), prelado (pt) Traducir , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónPío XII, papa Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Michel-Joseph Bourguignon d'Herbigny, nado en Lille o 8 de maio de 1880 e finado en Aix-en-Provence o 23 de decembro de 1957, foi un xesuíta francés, teólogo orientalista e bispo católico clandestino na URSS. Durante unha década, entre 1922 e 1932, foi o principal conselleiro da Santa Sé para os asuntos relacionados con Rusia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu nunha grande e próspera familia católica. Cursou os seus estudos no colexio San Xosé de Lille, levado polos xesuítas, e o 4 de outubro de 1897 entrou na Compañía de Xesús. Logo de completar os estudos formativos necesarios, foi ordenado sacerdote o 7 de agosto de 1910 en Enghien (Bélxica). Finalizou os seus estudos teolóxicos coa tese "Un Newman russe: Vladimir Soloviev (1853-1900)" ("Un Newman ruso: Vladimir Soloviev (1853-1900)"), que tivo grande sona e foi deseguido publicada, en 1911. D'Herbigny deu a coñecer ao mundo católico occidental a figura dun filósofo ruso até entón case descoñecido. A Academia Francesa premiouno, e o libro orientou a súa traxectoria ao servizo das igrexas orientais.

Docencia en Enghien[editar | editar a fonte]

D'Herbigny comezou a súa carreira como profesor no teologado dos xesuítas en Enghien. Co seu tratado De Ecclesia publicado en 1920 abriu unha perspectiva ecuménica moi novedosa na súa época. En 1921 publicou o tratado La théologie du Révélé, con prefacio do cardeal Mercier. Permaneceu en Enghien durante unha década, até 1921, o que non lle impediu viaxar a Rusia durante o verán. As impresións que lle causaron estas viaxes (pobreza material e incompetencia do clero) lle levaron a organizar un seminario católico ruso no mesmo Enghien, mais a primeira guerra mundial rematou co proxecto, xa que os estudantes rusos foron expulsados de Bélxica. Tamén nesa época escribiu un manual para confesores que, grazas a un "método visual", lles permitira administrar a penitencia cando non coñecían a lingua, adaptado a 16 linguas: Prudens sexdecim linguarum confessarius: Methodus optica pro confessione integra et matrimonio, sacerdote et poenitente mutuas linguas prorsus ignorantibus.

Chegada a Roma[editar | editar a fonte]

En 1922, d'Herbigny foi chamado a Roma para ensinar na Pontificia Universidade Gregoriana. Cando o Pontificio Instituto Oriental fundado en 1917 foi confiado oficialmente por Pío XI á Compañía de Xesús o 14 de setembro de 1922, foi nomeado reitor. D'Herbigny deu un pulo importante a esta institución que estaba a comezar, dándolle unha identidade diferenciada da Gregoriana e do Pontificio Instituto Bíblico, e inaugurando a importante revista de estudos académicos, Orientalia Christiana. En decembro de 1924 foi nomeado conselleiro da Congregación para as Igrexas Orientais, e foi tamén un dos membros máis activos da comisión Pro Russia de Pío XI.

Bispo clandestino en Rusia[editar | editar a fonte]

D'Herbigny se converteu no home de confianza de Pío XI para as cuestión orientais, especialmente no referente a Rusia. A súa influencia era importante, até o punto de chegar a convencer ao papa do seu plan para salvar a unha Igrexa decapitada logo da revolución rusa de 1917: estabelecer unha xerarquía católica clandestina e formar aos futuros sacerdotes rusos en Occidente. O propio d'Herbigny xogou un papel protagonista no restablecemento de dita xerarquía eclesiástica: foi nomeado bispo in partibus de Illium (sé titular), e recibiu en segredo a consagración episcopal o 29 de marzo de 1926 na nunciatura de Berlín de mans de Eugenio Pacelli, futuro Pío XII. Entrou na URSS e alí consagrou clandestinamente a catro bispos como administradores apostólicos: Pie Eugène Neveu o 21 de abril, Boļeslavs Sloskāns e Alexander Frison o 10 de maio, e Antoni Malecki o 13 de agosto de 1926. A misión finalizou en desastre, xa que todos os novos bispos foron arrestados polas autoridades.

Durante certo tempo d'Herbigny mantivo a confianza de Pío XI como presidente da comisión Pro Russia, que comezou a separarse da Congregación para as Igrexas Orientais. Ao non ser posible visitar Rusia, dedicouse ás outras igrexas católicas orientais e visitou os patriarcados de Oriente Próximo (1927).

Caída en desgraza[editar | editar a fonte]

En 1928 Pío XI fundou o Colexio Ruso (Russicum), que era o soño de d'Herbigny feito realidade na mesma Roma. Porén, comezaron a ser coñecidas as súas actividades en Rusia, en 1931 deixou o POI e en 1933 marchou a Bélxica, oficialmente por razóns de saúde, mais xa non volveu a Roma. En 1934 deixou a comisión Pro Russia probablemente como consecuencia do fracaso do seu plan para reconstruír a xerarquía católica na Unión Soviética.

En 1937 continuaba a viaxar polo mundo, impartindo sacramentos e dirixindo retiros espirituais, así como dando conferencias en contra do réxime comunista, o que lle valeu unha morea de ameazas procedentes do poder soviético ou de simpatizantes do mesmo. Con ocasión da beizón da basílica de Santa Teresa por parte do cardeal Pacelli, estivo por última vez con Pie-Eugène Neveu, o 11 de xullo de 1937.

A partir de xullo de 1937 foi reducido ao silencio, coa prohibición estrita de falar e comunicarse só cos seus irmáns xesuítas e coa súa familia.[1] Renunciando a exercer a súa dignidade episcopal, se retirou a Crastes, onde viviu como simple relixioso por 20 anos máis. Finou o 24 de decembro de 1957 en Aix-en-Provence, onde está enterrado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén lle foi negado acudir ás exequias polo seu irmán Henri, misioneiro na China.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lesourd, Paul (1976). Entre Rome et Moscou: le jésuite clandestin, Mgr Michel d'Herbigny. P. Lethielleux. ISBN 9782249601071. 
  • Tretjakewitsch, Léon (1990). Bishop Michel D'Herbigny SJ and Russia: A Pre-ecumenical Approach to Christian Unity. Augustinus-Verlag. ISBN 9783761301623. 
  • Wenger, Antoine (1987). Rome et Moscou: 1900-1950. Desclée de Brouwer. ISBN 9782220026237.