Alexander Frison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexander Frison
Biografía
Nacemento5 de maio de 1875 Editar o valor em Wikidata
Odesa Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xuño de 1937 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte non natural Editar o valor em Wikidata
Bispo titular
10 de maio de 1926 –
Diocese: Limyra (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1926–1937), sacerdote católico (1902–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónMichel d'Herbigny Editar o valor em Wikidata

Alexander Frison (en alemán; en ucraíno: Олександр Фрізон; en ruso: Александр Фризон), nado en Baden (preto de Odesa, na Gobernación de Khersón do Imperio Ruso) o 5 de maio de 1875 e finado en Moscova (URSS) o 20 de xuño de 1937, foi un eclesiástico católico latino, bispo e mártir.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na colonia alemá de Baden (renomeada posteriormente Ocheretivka (Очеретівка) e hoxe integrada en Kuchurhan), nas proximidades de Odesa, o 5 de maio de 1875[1][2] (outras fontes dan como ano de nacemento 1873[3]). Era fillo de Johannes Frison e de Elisabeth Schwan, pais doutro rapaz e catro rapazas ademais do propio Alexander, de orixe alsaciana.[2][4] Logo de rematar con éxito a súa educación en Baden e Strassburg, foi enviado polos seus pais ao seminario menor de Saratov, mais logo de tres anos tivo que volver para axudar na granxa familiar por mor da grave doenza do seu pai.[2]

Sete anos máis tarde, con 22 anos, retomou os seus estudos eclesiásticos no seminario de Saratov e, logo de graduarse, o bispo Anton Zerr enviouno en 1897 ao Colexio Xermánico de Roma para afondar nos estudos de teoloxía.[1][2][3] En 1902 volveu a Saratov e foi ordenado sacerdote.[1][2]

Entre 1905 e 1907 foi profesor no seminario de Saratov,[1] trasladado ao de Odesa en 1907, e reitor do mesmo a partir de 1910.[1][3] En 1925 foi arrestado por distribuír ropa aos necesitados sen permiso das autoridades.[5]

O 10 de maio de 1926 foi consagrado bispo en segredo por Michel d'Herbigny e nomeado bispo titular de Limyra, visitador apostólico para a diocese de Tiraspol e administrador apostólico de Odesa con dereito de sucesión a Joseph Kruschinsky.[6][7][1][3][5][8] A finais do ano, o secretario da Congregación Consistorial Gaetano De Lai (descoñecedor destes feitos), conxuntamente coa Congregación para a Propagación da Fe e por consello de Adriaan Smets, pediu información na Santa Sé antes de nomear un ordinario para os católicos latinos de Ciscaucasia: os candidatos eran o mesmo Frison e Johannes Roth, e logo das súas consultas sería nomeado Roth.[9] Por mor do aumento da presión soviética, Frison reorganizou a diocese de Tiraspol en catro divisións: central (con sé en Odesa, con el mesmo como administrador), setentrional/Volga (con sé en Saratov, con Augustin Baumtrog como administrador), meridional/Cáucaso (con sé en Piatigorsk, con Roth como administrador) e Xeorxia (con sé en Tbilisi, con Stefan Demurow como administrador).[10]

En agosto de 1929 foi brevemente arrestado en Simferopol, e logo da súa liberación retenido en Simferopol sen poder trasladarse a Odesa;[3] a finais do mesmo ano foi novamente arrestado e liberado un ano máis tarde.[1] En 1933 foi arrestado novamente baixo a acusación de permitir a participación de menores de idade nas cerimonios litúrxicas.[1][3]

O seu derradeiro arresto tivo lugar o 10 de outubro de 1935, acusado de espiar para os alemáns.[1][3] Foi condenado a morte en marzo de 1936, e o 10/15 de abril de 1937 a condena foi confirmada polo Tribunal Supremo soviético.[3] Foi fusilado o 20 de xuño;[1][3] fontes máis antigas databan o fusilamento no 2 de agosto.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Osipova 1998, pp. 236-237.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Height 1973, p. 356.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Dzwonkowski 1998, pp. 235-236.
  4. "Schriftenreihe der Stadt der Auslandsdeutschen" (1-5). Deutsches Ausland-Institut. 1938: 184. Bischof Alexander Frison war der jüngste Sohn des Kolonisten Johannes Frison aus der Kolonie Baden bei Odessa 
  5. 5,0 5,1 Zugger 2001, p. 230.
  6. Pettinaroli 2016, p. 400.
  7. Trasatti, Sergio (1993). La croce e la stella: la chiesa e i regimi comunisti in Europa dal 1917 a oggi. A. Mondadori. p. 367. 10 maggio 1926 D'Herbigny conferisce l'ordinazione episcopale, in segreto, a Sloskans e a Frison. 
  8. A diocese de Tiraspol abranguía a totalidade da República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica, e partes da RSS de Ucraína e da RSSF de Rusia.
  9. Pettinaroli 2016, p. 414.
  10. Zugger 2001, p. 233.
  11. Grossu, Sergiu, ed. (1975). The Church in Today's Catacombs. Arlington House Publishers. p. 216. Aug. 2, 1937. Following a mock trial that lasted for nine days, Msgr. Alexander Frizon, apostolic administrator of Odessa, is mercilessly shot to death in the prison of Simferopol. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]