Michel Martelly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michel Martelly
AlcumeSweet Micky
Nacemento12 de febreiro de 1961
Lugar de nacementoPorto Príncipe
NacionalidadeHaití
Alma máterMiami Dade College e Institution Saint-Louis de Gonzague
Ocupaciónpolítico, músico e cantautor
CónxuxeSophia Saint Rémy Martelly
Na rede
http://martellyhaiti.com/
Facebook: michelmartelly Musicbrainz: 1a3d208e-0efd-4b65-8ad1-a5f047354db6 Songkick: 210277 Discogs: 1769045 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Michel Joseph Martelly, nado o 12 de febreiro de 1961 en Port-au-Prince, máis coñecido como Sweet Micky, é un músico e político haitiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Fillo dun capataz dunha industria petrolífera, Martelly aprendeu a tocar o piano de maneira autodidacta. Despois de tentar estudar Medicina sen éxito, comezou a estudar Ciencias, pero deixou a universidade sen rematar a carreira, e alistouse na Academia Militar de Haití, de onde tivo que liscar logo de deixar embarazada a filla dun xeneral.[1] Emigrou aos Estados Unidos logo de casar cunha cidadá dese país, e seis meses despois regresou a Haití divorciado, en 1986. Volveu emigrar aos Estados Unidos cunha moza, coa que tivo o seu primeiro fillo en Miami, pero aos poucos meses regresa a Port-au-Prince, onde comeza a tocar os teclados en locais nocturnos.

Foi un dos primeiros en tocar kompa, un estilo de música de baile caribeño, cantado en crioulo haitiano. Nesas é cando lanza a súa banda, Sweet Micky, e comeza a labrar unha sona como performer, dando concertos provocadores e empregando letras satíricas inzadas de comentarios sociopolíticos. En 1988 gravou o seu primeiro álbum en solitario, Ooo La La, que foi un grande éxito, e ao ano seguinte Konpas Foret des Pins. Dende entón Martelly gravou catorce álbums, ata que anunciou a súa retirada en 2006. Porén, en 2008 regresaba aos escenarios.

Discografía[editar | editar a fonte]

Título Data Discográfica
Woule Woule 1989
Anba Rad La 1990
The Sweetest 1992
Men Koze-A 1993
I Don't Care 1994
Pa Manyen 1995
Tout Ce Mately 1996
Aloufa 1997
100.000 Volts 1998
Dènye Okazyon 1999
'SiSiSi 2001
Totot 2003
GNB 2005
Bandi Legal 2008

Política[editar | editar a fonte]

Situado á dereita do espectro político, ten vencellos cos partidarios do golpe de estado de 1991, que derrubou o presidente Jean-Bertrand Aristide[2][3] De feito, o club que rexentaba era o centro de actividade nocturna de boa parte dos militares golpistas.

En xullo de 2010 anunciou a súa candidatura ás eleccións lexislativas e presidenciais de Haití pola formación Repons Peyizan. Despois de quedar terceiro por unha presada de votos (co 21.84%), pasou á segunda rolda logo de que o segundo clasificado, Jude Célestin tivera que retirarse logo de acusacións de fraude masiva. Na segunda volta enfrontouse a Mirlande Manigat o 20 de marzo de 2011, e resultou elixido presidente de Haití por unha ampla diferenza[4].

O 8 de febreiro de 2016, deixou o cargo, sen que aínda houbera sucesor despois de que, debido á tensión social, houbera que suspender a segunda volta das eleccións presidenciais[5].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]