Mirlande Manigat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mirlande Manigat
Manigat.JPG
Nacemento3 de novembro de 1940
 Miragoâne
NacionalidadeHaití
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de París
Ocupaciónpolítica
CónxuxeLeslie Manigat
editar datos en Wikidata ]

Mirlande Manigat, de solteira Mirlande Hyppolite, nada en Miragoâne, o 3 de novembro de 1940, é unha política haitiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito pola Universidade da Sorbonne, casou con Leslie Manigat[1], daquela ministro de François Duvalier, en 1963 tivo que exiliarse a Francia, Estados Unidos e Venezuela. Volveu á illa en 1987, conseguiu un escano como senadora, e en 1988 recibiu o título de Primeira Dama logo de que o seu home se convertese democraticamente en presidente do país. A finais dese mesmo ano, un golpe de estado enviouna de novo ao exilio, de onde regresou en 1990.

Despois de presentarse infrutuosamente ao Senado de Haití en 2006, Mirlande Manigat presentou a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2010 á fronte do partido Reagrupación de Demócratas Nacionais Progresistas, de centrodereita. A súa candidatura centrábase nas melloras educativas e no suavizamento das pexas para acceder á dobre nacionalidade. Tamén apostaba por darlles cargos no goberno a persoas da diáspora haitiana e por ser máis independente da axuda estranxeira e das ONGs.[2][3].

Manigat venceu a primeira volta das presidenciais, cun 31% dos votos. Porén, na segunda volta só conseguiu aumentar os seus apoios ata o 38%, sendo amplamente superada polo candidato de Repons Peyizan, o cantante Michel Martelly.

É vicerreitora da Universidade de Quisqueya.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]