Mesoplodon perrini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Mesoplodon perrini
Hector's beaked whale size.svg
Comparación co tamaño dun humano medio
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata[
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Xénero: Mesoplodon
Especie: M. perrini
Nome binomial
Mesoplodon perrini
Dalebout, Mead, Baker, Baker & van Helden, 2002
Área de distribución de Mesoplodon perrini

Área de distribución de Mesoplodon perrini
Sinonimia
Véxase o texto

Mesoplodon perrini, coñecido na bibliografía internacional co nome de zifio de Perrin, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2][3] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[4]

É a especie de zifio máis recentemente descrita. Espécimes varados en 1975 nas costas de California foron identificadas inicialmente como Mesoplodon hectori. Estudos posteriores de ADN demostraron que correspondían a unha nova especie, describíndose no ano 2002.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrcición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita, como quedou dito, en 2002, polo zoólogo e biólogo mariño australiano Merel L. Dalebout e colaboradores.[2][3][5]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero ve Mesoplodon.

O epíteto específico, perrini, é unha homenaxe que os descritores dedicaron ao cetólogo William F. Perrin.

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñceuse tamén polo sinónimo:[2]

Características[editar | editar a fonte]

A combinación de pequeno tamaño, aparencia e coloración, fai pouco probábel unha confusión. Os espécimes varados puideron ser identificados pola súa secuencia de ADN e/ou detalles anatómicos do cranio. Os machos adultos miden uns 4 m de lonxitude, e as femias uns 4,5.[5]

Distribución e poboación[editar | editar a fonte]

Até agora só se encontraron algúns espécimes na costa de California, entre San Diego e Monterey. Non existen estimacións da súa poboación nin o seu estado de conservación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pitman, R. L.; Taylor, B. L.; Barlow, J. & Cooke, J. G. (2020): Mesoplodon perrini na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 3 de xaneiro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Mesoplodon perrrini Dalebout, Mead, Baker, Baker & van Helden, 2002 no WoRMS. Consultado o 3 de xaneiro de 2021.
  3. 3,0 3,1 Mesoplodon perrini Dalebout et al., 2002 en MSW. Consultado o 3 de xaneiro de 2021.
  4. Masoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 3 de xaneiro de 2021.
  5. 5,0 5,1 Dalebout, M. L., et al. 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]