Saltar ao contido

Mesoplodon carlhubbsi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mesoplodon carlhubbsi
Zifio de Hubbs

Comparación co tamaño dun humano medio
Estado de conservación
Datos insuficientes[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Xénero: Mesoplodon
Especie: M. carlhubbsi
Nome binomial
Mesoplodon carlhubbsi
Moore, 1963
Área de distribución de Mesoplodon carlhubbsi
Área de distribución de Mesoplodon carlhubbsi

Área de distribución de Mesoplodon carlhubbsi
Sinonimia
Véxase o texto

Mesoplodon traversii, coñecido na bibliografía internacional co nome de zifio de Hubb, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2][3] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1963 polo zoólogo estadounidense Joseph Curtis Moore,[3] no seu traballo "Recognizing certain species of beaked whales of the Pacific Ocean". The American Midland Naturalist 70: 396-428.[2]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo protónimo, cuñado por Mopore, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Mesoplodon bowdoini Hubbs, 1946 (identificación errónea)
  • Mesoplodon stejnegeri Nishiwaki & Tamiya, 1959 (identificación errónea)

O epíteto espeífico, carlhubbsi, foi unha homenaxe que Moore lle fixo ao seu compatriota o ictiólogo Carl Leavitt Hubbs.

O nome vulgar é na honra do seu descritor.

Características

[editar | editar a fonte]
Cranio de Mesoplodon carlhubbsi

Posúe un melón prominente. A coloración dos machos oscila entre a gris escura á negra, e presentan manchas brancas no fociño. As femias e os xuvenís teñen unha coloración gris na parte superior anterior, e branca na posterior. Tanto os machos como as femias miden ao redor de 5,4 m, e pesan uns 1 500 kg.[5]

Distribución

[editar | editar a fonte]

O zifio de Hubb encóntrase en augas temperadas do Pacífico Norte. No oeste rexistrouse na costa nordeste de Honshu, e no leste, encontrose desde a Columbia Británica polo norte, até San Diego, en California, polo sur. (Rice, 1998). Só se coñecen 31 espécimes varados e un posíbel avistamento dun individuo vivo.[5]

Bioloxía e comportamento

[editar | editar a fonte]

O Mesoplodon carlhubbsi macho sería unha dos pouco zifios que poderían identificarse no mar, pero só houbo un único avistamento probábel en California. As femias e os xuvenís probabelmente sexan imposíbeis de identificar no mar. Cun único avistamento posíbel, sábese moi pouco sobre o seu comportamento; o notábel grao de cicatrización suxire agresións entre os machos. Presumibelmente, esta é unha especie tímida e discreta, como outras especies de Mesoplodon.[5]

Non se sabe que esta especie fora ou sexa na actualidade de interese para a pesca comercial, e probabelmente estea protexida pola súa rareza e a súa presenza en augas pouco frecuentadas polo hombre. Porén, pequenas operacións de caza capturaron de maneira oportunista algúns espécimes fronte ao Xapón.[6]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que só hai ao redor de 60 rexistros desta especie, e case todos son varamentos e individuos mortos enredados en artes pesca, e que houbo moi poucos avistamentos confirmados na natureza,[6] é imposíbel saber a gravidade das ameazas, debido a que a súa distribución é presumibelmentre moi ampla, pero non se dispón de datos da súa abundancia nin da tendencia das súas poboacións, polo que cualifica o status da especie como DD (datos insuficientes).[1]

  1. 1,0 1,1 Pitman, R. L. & Brownell Jr., R. L. (2020): Mesoplodon carlhubbsi na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 21 de decembro de 2020.
  2. 2,0 2,1 Mesoplodon carlhubbsi Moore, 1963 no WoRMS. Consultado o 21 de decembro de 2020.
  3. 3,0 3,1 Mesoplodon carlhubbsi Moore, 1963 no ITIS.
  4. Masoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 21 de decembro de 2020.
  5. 5,0 5,1 5,2 Mesoplodon carlhubbsi Moore, 1963 en CMS Whakes & Dolphins.
  6. 6,0 6,1 Yamada, T. K., et al. (2012): Review of current knowledge on Hubbs’ beaked whale, Mesoplodon carlhubbsi, from the seas around Japan and data from the North America. Document submitted to the 64th meeting of the Scientific Committee of the International Whaling Commission, Panama City, June 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Biblioagrafía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]