Mente (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Na mitoloxía grega, Mente (tamén Menthe, Menta ou Minte; en grego antigo Μένθη Ménthē) era unha ninfa asociada ao río Cocito. Foi o amor ilícito de Hades, o deus do inframundo, ata que o descubriu Deméter, nai da celosa esposa de Hades, Perséfone. Unha destas dúas deusas golpeouna tan terriblemente que Mente se desintegrou. Dos seus restos Hades (ou segundo outras fontes, a propia deusa) creou daquela a planta da menta.

Notas[editar | editar a fonte]