Mempo Giardinelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMempo Giardinelli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Resistencia, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional do Nordeste (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta , xornalista , ensaísta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidad Nacional de La Plata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmempogiardinelli.com Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 110446 Musicbrainz: 4159506c-6bb8-454b-b378-267a03773f19 Editar o valor em Wikidata

Mempo Giardinelli, nado en Resistencia (Chaco) en 1947, é un escritor e xornalista arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É autor de novelas, libros de contos e ensaios. Escribe regularmente en diarios e revistas da Arxentina e outros países. É membro do consello asesor da Comisión Provincial da Memoria, da Provincia de Buenos Aires, e entre 2005 e 2007 foi membro do consello de administración da Fundación Poder Ciudadano, capítulo arxentino de Transparency International.

Durante o Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983) estivo exiliado en México, regresando trala restauración da democracia. En 1986 fundou a revista literaria Puro Cuento, que dirixiu até 1992.

Levou a cabo cursos, seminarios e obradoiros, e deu lecturas en universidades e academias de América e Europa. Foi membro do xurado en diversos premios literarios internacionais e participou como invitado nas Feiras Internacionais do Libro de Buenos Aires, Frankfurt, Guadalajara (México), Bogotá, Caracas, La Habana, Madrid, Milán, Montevideo, Porto Alegre, Quito e Santiago de Chile. A súa obra foi traducida a vinte idiomas, e recibiu diversos galardóns literarios.

En 1996 doou a súa biblioteca persoal de 10.000 volumes para a creación na súa cidade natal da fundación do seu nome, dedicada ao fomento da lectura e a docencia e investigación en pedagoxía da lectura, e creou e sostén diversos programas culturais, educativos e solidarios.

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • La revolución en bicicleta (1980)
  • El cielo con las manos (1981)
  • ¿Por qué prohibieron el circo? México D.F.: Oasis, 1983.
  • Luna caliente (1983)
  • Qué solos se quedan los muertos (1985)
  • Santo Oficio de la Memoria (1991)
  • Imposible equilibrio (1995)
  • El décimo infierno (1999)
  • Final de novela en Patagonia (2000)
  • Cuestiones interiores (2003)
  • Visitas después de hora (2001)

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • El Género Negro. Ensaio sobre a novela policíaca (Univ.Autónoma Metropolitana, México, DF, 1984 e 1998; Ediciones Op Oloop, Córdoba. Arg. 1999)
  • "Así se escribe un cuento. Ensaios e entrevistas (Beas 1992, Patria México, 1998 y Punto de Lectura, 2001)
  • El país de las maravillas. Los argentinos en el Fin del Milenio (Planeta, Buenos Aires, 1998)
  • Diatriba por la Patria. Apuntes sobre la disolución de la Argentina (Ediciones B, Buenos Aires, 2002)
  • México: el exilio que hemos vivido. Memoria del exilio argentino en México durante la dictadura 1976-1983. En colaboración con Jorge Luis Bernetti (Universidade Nacional de Quilmes, 2003)
  • Los argentinos y sus intelectuales. (Capital Intelectual, Buenos Aires, 2004)
  • Volver a leer. Propuestas para ser un país de lectores (Edhasa, Buenos Aires, 2006)

Conto[editar | editar a fonte]

Vidas ejemplares (1982) Cuentos-Antología Personal (1987) Carlitos Dancing Bar (1992) El castigo de Dios (1993) Cuentos Completos (1999) Gente rara (2005) Estación Coghlan y otros cuentos (2005) Luminoso amarillo y otros cuentos (2005) Soñario (2008) 9 Historias de amor (2009)

Contos infantís[editar | editar a fonte]

  • Celeste y el girasol (2009)
  • Celeste y la dinosauria en el jardín (2007)
  • El Cheruvichá (2007)
  • Cuentos con mi papá (2004)
  • Luli, una gatita de ciudad (2000)
  • Luli la viajera (1988)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Invasión (1973).
  • Concierto de poesía a dos voces (2004, en colaboración con Fernando Operé).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]