Dinahosting

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dinahosting
TipoSociedade Limitada
Fundación2001
LocalizaciónRúa das Salvadas 41, 15705 Santiago de Compostela A Coruña Galicia Galicia
IndustriaTIC
editar datos en Wikidata ]

Dinahosting S.L. é unha empresa galega dedicada ao rexistro de dominios, hosting, VPS e servidores dedicados. Fundouse no ano 2001 e ten a súa sede en Santiago de Compostela.

É a única compañía de Galiza autorizada pola ICANN ao rexistro de dominios (en toda España só hai unha ducia de empresas habilitadas), e é tamén axente autorizado por ESNIC para os dominios .es, ademais de membro de RIPE (a entidade europea que xestiona a asignación de IPs).[1] Dende o 2007 os seus servidores están localizados no centro de datos Interxion,[2] en Madrid.

Outros datos[editar | editar a fonte]

No inverno de 2009, Dinahosting utilizou a imaxe do Apalpador, unha figura mítica do Nadal galego, na súa campaña publicitaria [3].

Ten servizos de atención e tradución en todas as linguas oficiais de España (galego, castelán, vasco e catalán), ademais de en inglés e portugués.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dossier de prensa Arquivado 22 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Consultado o 8 de febreiro de 2010.
  2. Dinahosting traslada o seu CPD a Interxion Arquivado 18 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 30 de maio de 2012.
  3. 3,0 3,1 "O milagre da firma galega de dominios" Arquivado 09 de febreiro de 2010 en Wayback Machine., noticia publicada por A Nosa Terra Consultado o 8 de febreiro de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]