Saltar ao contido

Melitaea cinxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Melitaea cinxia é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae.[1][2][3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Esténdese por Marrocos, oeste de Alxeria, Europa, Turquía, Líbano, Rusia, norte de Casaquistán e Mongolia. Na Península Ibérica atópase en serras da metade norte e do suroeste.[2][4]

Diverso: zonas herbosas con flores, marxes de cultivo, claros de bosque, ladeiras abertas.

A eiruga aliméntase de varias especies de Plantago, Centaurea e Veronica teucrium.[2]

Período de voo e hibernación

[editar | editar a fonte]

Univoltina en África unha xeración entre finais de abril e xuño. Ao norte, centro e oeste de Europa tamén unha soa xeración entre principios de maio e medios de xullo; ao sueste de Europa unha xeración entre finais de abril e comezos de agosto, mentres que en zonas máis cálidas hai dúas, (bivoltina) a primeira en maio e xuño e a segunda en agosto e setembro. Hiberna como eiruga, en grupos.[2]

  1. Boletín de la Sociedad Catalana de Lepidopterologia.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Tolman ISBN 84-87334-36-9
  3. "Melitaea cinxia Picos de Europa". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2023. 
  4. Melitaea cinxia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]