Melissa Carlton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1978 (46 anos) Pietermaritzburg, Suráfrica |
Educación | Universidade de Tasmania (1997–2004) Ogilvie High School (en) Elizabeth College (en) |
Actividade | |
Ocupación | nadadora |
Deporte | natación |
Participou en | |
outubro de 2000 | Jogos Paralímpicos de Verão de 2000 (pt) |
agosto de 1996 | Jogos Paralímpicos de Verão de 1996 (pt) |
Premios | |
| |
Sitio web | melissacarlton.com |
Melissa Paula Carlton, nada en Pietermaritzburg o 8 de maio de 1978, é unha nadadora paralímpica australiana nada en Suráfrica. Carlton naceu sen perna dereita e dedos curtos na man esquerda. Gañou medallas de ouro, prata e bronce para Australia nos Xogos Paralímpicos de Atlanta 1996 e Sydney 2000.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carlton naceu na cidade surafricana de Pietermaritzburg o 8 de maio de 1978.[1][2] Mudouse coa súa familia a Australia en 1986; primeiro estabelecéronse na cidade vitoriana de Beechworth, onde Carlton competiu en probas de natación en escolas locais.[3] En 1990 mudáronse ao suburbio de Glenorchy, en Hobart. Logo, Carlton uniuse ao Club de Natación da Cidade de Glenorchy (agora coñecido como o Club Acuático Hobart), onde coñeceu a Chris Wedd, quen sería o seu adestrador durante toda a súa carreira paralímpica.[4]
En 1991, Carlton gañou unha medalla de ouro no 8 km nos campionatos ao aire libre de Tasmania para nadadores sen discapacidade.[5] Gañou unha medalla de ouro nos Xogos da Commonwealth de Vitoria de 1994 no Canadá nos 100 m estilo libre na categoría S9.[6] En 1994, obtivo unha bolsa do Instituto Australiano de Deporte en natación.[7]
Nos Xogos de Atlanta de 1996, gañou dúas medallas de ouro nas probas femininas de 400 metros estilo libre na categoría S9 e en 4x100 m estilo libre S7-10, polos cales recibiu unha Medalla da Orde de Australia,[8] dúas medallas de prata nas probas de 100 m bolboreta S9 e 100 m estilo libre S9, e unha medalla de bronce no evento feminino de 100 m costas S9. Nos Xogos de Sydney 2000, gañou dúas medallas de prata nas probas femininas de 400 m estilo libre S9 e 100 m estilo libre S9 e dúas medallas de bronce no 4x100 m estilo libre 34 pts e 4x100 m Medley 34 pts.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carlton, Melissa. "Biography". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Athlete's Profile". Australian Paralympic Committee. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2000. Consultado o 29 de febreiro de 2012.
- ↑ Montgomery, Bruce (2 de outubro de 2000). "Tasmanian icon to go out on high note". The Australian. p. 106.
- ↑ "Tears of joy from a champ Melissa finds adversity has a silver lining". The Hobart Mercury. 23 de outubro de 2000. p. 40.
- ↑ "Tasmanian Sporting Hall of Fame: Honour Role 2011" (PDF). Sport and Recreation Tasmania. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de setembro de 2012. Consultado o 18 de febreiro de 2012.
- ↑ Fox, Norman (21 de agosto de 1994). "Pickering shows mettle". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2012.
- ↑ Nihil, G. (2006). Australian Institute of Sport : celebrating excellence. Focus Publishing. p. 106. ISBN 1-921156-16-3.
- ↑ "Carlton, Melissa Paula, OAM". It's an Honour. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de xaneiro de 2012.
- Nados en 1978
- Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 1996
- Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2000
- Medallistas paralímpicos de ouro por Australia
- Medallistas paralímpicos de prata por Australia
- Medallistas paralímpicos de bronce por Australia
- Nados na provincia de KwaZulu-Natal
- Medallistas paralímpicos en natación