Megistotherium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Megistotherium
Rango fósil: Mioceno temperán

Megistotherium osteothlastes.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Infraclase: Eutheria
Superorde: Laurasiatheria
Orde: Creodonta
Familia: Hyaenodontidae
Subfamilia: Hyainailourinae
Xénero: Megistotherium
Savage, 1973[1]
Especie: M. osteothlastes
Sinonimia

Megistotherium (do grego, megistos "grande" + therion "besta" e osteon 'óso' + thlaston 'esmagado, mordido' con como axente substantivo: 'quebranta ósos') é un xénero extinto de creodonte, e a única especie coñecida deste é Megistotherium osteothlastes. Algúns paleontólogos considérano un sinónimo menor de Hyainailouros sulzeri

Descrición[editar | editar a fonte]

Megistotherium osteothlastes foi un enorme creodonte da familia dos hienodóntidos que viviu a comezos do período Mioceno, hai uns 23 millóns de anos. Foi achado nas formacións xeolóxicas Ngorora e Muruyur de Kenya, Exipto, Namibia, Uganda[2] e Libia.[3] Foi nomeado por Robert Savage en 1973; e cun cranio de 66 cm de lonxitude é considerado un dos maiores mamíferos carnívoros coñecidos, cun peso estimado de até 500 kg.[4]

Os dentes carnasiais de Megistotherium (como os doutros Creodonta) eran os primeiros molares superiores, superpoñéndose ás súas contrapartes da mandíbula inferior a modo de tesoiras, formando unha formidable e poderosa acción de corte. A terra que é agora o deserto do Sáhara era moito máis fértil no Mioceno. Había unha considerable abundancia de pasteiros e choivas. Lagos e estanques provían de auga a fauna maior, de cuxa abundancia e diversidade vivían Megistotherium e outros depredadores. Hienodóntidos xigantes como este puideron evolucionar tanto como depredadores especializados como preeiros dos grandes herbívoros africanos.[5] Ósos de mastodontes foron achados cos seus fósiles, indicando que Megistotherium puido telos cazado para alimentarse.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A orde Creodonta abrangue un diverso grupo de depredadores que foron os máis exitosos durante o Eoceno antes de ser ecoloxicamente desprazados pola orde moderna dos carnívoros durante o Oligoceno serodio. Megistotherium apareceu no Mioceno contra o final do florecemento dos creodontes; foi parte dunha radiación de hienodóntidos africanos que se produciu nesta época. Hyainailouros sulzeri está moi relacionado a Megistotherium, sendo moi semellantes en tamaño, estrutura e proporcións - cunha cola longa, patas curtas e un corpo robusto.[6] Morais & Pickford (2005), Morlo, Miller & O-Barkooky (2007) e Morais, Pickford & Salesa (2008) suxeriron que de feito Megistotherium é un sinónimo menor de Hyainailouros sulzeri, o cal é coñecido dun esqueleto case completo, entre outros restos, e foi achado en Europa, Asia e Namibia, e por tanto vén das mesmas localidades.[7][8][9][10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Savage, R. J. G. (1973). "Megistotherium, gigantic hyaenodont from Miocene of Gebel Zelten, Libya". Bulletin of the British Museum (Natural History) Geology 22 (7): 483–511. 
  2. Morais, J. and M. Pickford. (2008). "Creodonts and carnivores from the Middle Miocene Muruyur Formation at Kipsaraman and Cheparawa, Baringo District, Kenya." Comptes Rendus Palevol 7 (8): 487-497
  3. Morlo, M., Miller, E.R., and O-Barkooky, A.N. 2007. Creodonta and Carnivora from Wadi Moghra, Egypt. Journal of Vertebrate Paleontology 27: 145–159. doi:10.1671/0272-4634(2007)27[145:CACFWM]2.0.CO;2
  4. Sorkin, B. 2008: A biomechanical constraint on body mass in terrestrial mammalian predators. Lethaia, Vol. 41, pp. 333–347
  5. Rasmussen; Tilden, Christopher D.; Simons, Elwyn L. "New specimens of the giant creodont Megistotherium (Hyaenodontidae) from Moghara, Egypt" 70 (2). American Society of Mammalogists. 
  6. Ginsburg, L. 1980. Hyainailouros sulzeri, mammifère créodonte du Miocène d’Europe. Ann. Paléont., 66, 19-73
  7. Morais, J. and Pickford, M. 2005. Carnivores from the Middle Miocene Ngorora Formation (13-12 Ma) Kenya. Estudos Geol., 61, 271-284 http://digital.csic.es/bitstream/10261/2322/1/ngorora.pdf
  8. Morlo, M., Miller, E.R., and O-Barkooky, A.N. 2007. Creodonta and Carnivora from Wadi Moghra, Egypt. Journal of Vertebrate Paleontology 27: 145–159.
  9. MORAIS J., PICKFORD M. & SALESA M. J. 2008. — Creodonta and Carnivora from the early Miocene of the northern Sperrgebiet, Namibia. Memoir of the Geological Survey of Namibia 20: 291-310
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 20 de febreiro de 2019. 
  11. J. Morais, M. Pickford, S. Frade, M.J. Salesa, D. Soria, Creodonta and Carnivora from Arrisdrift, early Middle Miocene of southern Namibia, Mem. Geol. Surv. Namibia 19 (2003) 177–194.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Domning, D.P. (1978). "Sirenia." Evolution of African Mammals. pp. 573–581.
  • Egi, Naoko. (2001). "Body Mass Estimates in Extinct Mammals from Limb Bone Dimensions: the Case of North American Hyaenodontids." Palaeontology. Vol. 44, Issue 3, Page 497.
  • Leakey, L.S.B. e R.J.G. Savage (editores). (1976). Fossil Vertebrates of Africa. Academic Press Inc.,U.S. ISBN 0-12-440404-9.