Saltar ao contido

Megachile pluto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abella de Wallace
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Familia: Megachilidae
Xénero: Megachile
Subxénero: Chalicodoma
Nome binomial
M. pluto
(Smith, 1860)
Sinonimia
  • Chalcidoma pluto (Smith, 1860)
  • Chalicodoma pluto (Smith, 1860)

A abella de Wallace (Megachile pluto) é unha especie de himenóptero considerada a abella máis grande do mundo. En 1859 atopouse unha abella nas selvas de Indonesia polo famoso naturalista, Alfred Russel Wallace. Non se atopou ningún outro rastro desta nos 120 anos seguintes e críase que estaba extinta. Para o asombro de moitos, a abella de Wallace foi reencontrada e filmada en 2019, despois deste longo período.[2]

A femia de Megachile pluto, foi debuxada polo Dr. H. Fritise (1911), está cuberta cun pelo negro aterciopelado, pero ten unha franxa branca na parte dianteira do seu abdome. Ten mandíbulas enormes para recoller a resina.

Considérase en estado vulnerable.

O descubrimento

[editar | editar a fonte]

Alfred Russel Wallace pasou oito anos, dende 1854 a 1862, explorando a fauna do arquipélago malaio (13.000 illas que agora pertencen a Malaisia e Indonesia). O naturalista recolleu 125.660 espécimes, incluíndo 83.200 escaravellos. En total 1.000 dos espécimes que recadou resultaron ser novas especies para a ciencia.

Wallace en 1859 atopou unha soa femia da abella máis grande do mundo na illa de Bacan nas illas Molucas do norte, Indonesia. Resultaron tan espectaculares as coleccións de mamíferos, paxaros e de insectos realizadas por Wallace na rexión que persoalmente non se impresionou con esta notable abella.

No seu libro famoso acerca da súa viaxe, O arquipélago malaio (1869), rexistrou simplemente o seu descubrimento como, unha avespa negra grande, coas queixadas inmensas como un escaravello macho. O entomólogo británico, Frederick Smith, do Museo Británico, outorgou unha maior significación ó descubrimento desta abella. Na súa descrición científica da abella en 1860 el escribiu, esta especie é o xigante do xénero ó cal pertence, e é a adición máis magnífica que Wallace fixo ao noso coñecemento da familia Apidae.

Redescubrimentos

[editar | editar a fonte]

Non houbo outros informes desta enorme abella durante os 120 anos seguintes. Dada a silvicultura en Bacan, creuse que a abella podería chegar a estar extinta antes de que máis fosen atopadas. Entón en 1981 un biólogo americano, Adam Messer, descubriu seis niños en Bacan e illas lindeiras das Molucas setentrionais (véxase J Kansas Soc ent , 1984, 57: 165-168). A abella era tan rara que os aldeáns nunca viran os niños ou colmeas con anterioridade.

O 25 de xaneiro de 2019 un grupo de investigadores composto polo fotógrafo Clay Bolt, o entomólogo Eli Wyman, o ecólogo do comportamento Simon Robson e o ornitólogo Glenn Chilton volveron "redescubrir" un exemplar da especie no mesmo grupo das illas Molucas, en Indonesia. Trátase dunha femia que localizaron dentro dun niño de térmites e á cal puideron fotografar e tomar vídeo.[3]

  1. Kuhlmann, M. (2014). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Messer, A. C. "Chalicodoma pluto: The World's Largest Bee Rediscovered Living Communally in Termite Nests (Hymenoptera: Megachilidae)" 57 (1). JSTOR 25084498. 
  3. "World's largest bee spotted for the first time since 1981". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]