Bacan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bacan
ID Bacan.PNG
Localización da illa
Bacan Topography.png
Situación
País Flag of Indonesia.svg Indonesia
Arquipélago Molucas
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 0°37′S 127°31′L / -0.617, -127.517Coordenadas: 0°37′S 127°31′L / -0.617, -127.517
Xeografía
Superficie 1.898 km²
Perímetro 297´3 km
Punto máis alto 2 111 m. Monte Labuha
Demografía
Capital Labuha
Poboación 13.000 (censo 2010)

Bacan (pronunciado "bachán") é unha illa da provincia indonesia das Molucas do Norte, situada a 0°13'- 0°55' S. e 127°22'- 128° E. Está separada da península suroeste de Halmahera polo estreito de Patinti. Ó norte sitúanse as illas de Kayoa, Makian, Ternate e Tidore.

Ten cerca de 1 900 km² de superficie e 13 000 habitantes. A principal cidade de Bacan é Labuha, na parte occidental. O sur da illa é montañoso e o punto máis elevado ten 2 111 m de altitude. A súa forma é moi irregular, a semellanza de outras illas próximas.

Bacan forma, en conxunto cas illas de Kasiruta ao noroeste, Mandioli ao oeste, e outras 80, o arquipélago de Bacan.

O interior de Bacan está pouco poboado. Os habitantes do litoral son indíxenas. Os Sirani (de nasrani, "cristiá" en lingua malaia, din ser descendentes de portugueses), malaios, papúas e inmigrantes de outras illas.

A illa ten un gran interese para a zooloxía debido á grande biodiversidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Bacan foi un sultanato. O interese dos europeos por Bacan era debido á súa posición estratéxica, que permitía o control do comercio de especias que florecía en Ternate, Tidore e Halmahera. A illa en si non dispón de moitos recursos naturais interesantes.

En 1558, os portugueses construíron un forte. En 1609, a VOC (Compañía Holandesa das Indias Orientais) tomouno.

En 1882, os neerlandeses comezaron a explorar a illa, sen éxito, debido á pobreza do solo e da falta de man de obra.

En 1889, foi substituída a monarquía por un consello de xefes tradicionais.

O Sultán de Bacán perdeu moito do seu poder coa chegada dos colonizadores europeos, e a que mantivo perdeuse coa independencia de Indonesia logo da Segunda Guerra Mundial.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]