Medallas de Pisanello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esbozos para medallas de Pisanello dedicadas a Afonso V de Aragón (Museo do Louvre).[1]

Coñécense como medallas de Pisanello a serie de 23 medallas creadas en Italia por Antonio di Puccio Pisano, alcumado Pisanello (Pisa ou Verona, antes de 1390 - Nápoles, ca. 1455), un pintor e medallista considerado como un dos máximos expoñentes do gótico internacional en Italia, primeiro en retomar a tradición das medallas de retrato abandonada no século XI, coa dedicada a Xoán VIII Paleólogo, en 1438. Esta medalla do emperador bizantino tivo unha difusión extraordinaria e motivou que Pisanello comezase a recibir numerosas encargas doutras medallas por parte de nobres de Milán, Mantua, Ferrara, Rimini e Nápoles, e tamén doutros dignatarios aliados das respectivas cortes. Esta serie de novas creacións coñécese como as "medallas de Pisanello".[2][3][4][5][6]

Tipoloxía[editar | editar a fonte]

Esbozo dunha medalla de Pisanello sobre Afonso V de Aragón.

As medallas dos señores da corte italiana (Gonzaga, Este, Malatesta, Visconti, d'Aragona, etc.) gozaron dun éxito extraordinario grazas á combinación perfectamente equilibrada de idealización e realismo. Os potentados da súa época representábanse na medalla de Pisanello de perfil no anverso, como nas moedas romanas, en tanto que no reverso aparecían escenas alegóricas ou figuras simbólicas de carácter evocador. Todo isto acompañábase adoito de lemas, símbolos e atributos diversos, de interpretación culta e pouco retóricos.[7]

O tamaño da medalla estaba, ata certo punto, influído pola revelancia social do personaxe representado; deste xeito, a medalla do Paleólogo, as do rei Afonso e as dos señores italianos teñen un diámetro de arredor de dez centímetros, en tanto que as dos humanistas e os dignatarios da corte se sitúan entre os oito e os seis centímetros. As excepcións a esta norma constitúenas as medallas de Leonello d'Este, que son máis pequenas.

As medallas de Pisanello, admiradas xa na súa época, cuñáronse nun número moi limitado de exemplares. Por exemplo, Leonello d'Este , nunha carta de 1448 aclara que só se fixeron dous exemplares da medalla de Pier Candido Decembrio, un para o interesado e outro conservado polo Duque de Ferrara.[8]

Os escasos exemplares destas medallas, xeralmente cuñadas, forman hoxe parte das coleccións máis prestixiosas do mundo: o Gabinete de Medallas de París, o Museo Nacional do Bargello (Florencia), o Metropoloitan Museum of Art (Nova York)[9], a National Gallery of Art (Washington)[10], o Victoria and Albert Museum (Londres)[11], etc.

Medallas[editar | editar a fonte]

Anverso Reverso Título Ano Diámetro
Medalla de Giovanni VIII Paleologo.[12][13] Ca.

1438

10,20 cm
Medalla de Gianfrancesco I Gonzaga.[14][15] Ca.

1447

10,00 cm
Medalla de Niccolò Piccinino.[16][17] Ca.

1441

1442

8,85 cm
Medalla de Filippo Maria Visconti.[18][19] 1441 10,20 cm
Medalla de Francesco Sforza.[20][21] Ca.

1441

8,80 cm
Primeira medalla de Lionello d'Este.[22][23] Ca.

1441

6,50 cm
Segunda medalla de Lionello d'Este.[24][25] Ca.

1441

7,00 cm
Terceira medalla de Lionello d'Este.[26][27] 1444 6,85 cm
Cuarta medalla de Lionello d'Este.[28] Ca.

1441

1444

6,60 cm
Quinta medalla de Lionello d'Este.[29] Ca.

1441

1444

6,90 cm
Sexta medalla de Lionello d'Este.[30][31] Ca.

1444

10,10 cm
Primeira medalla de Sigismondo Pandolfo Malatesta.[32][33] Ca.

1445

9,00 cm
Segunda medalla de Sigismondo Pandolfo Malatesta.[34][35] 1445 10,00 cm
Medalla de Novello Malatesta.[36] 1445 8,50 cm
Medalla de Vittorino da Feltre.[37][38] ca.

1446

6,50 cm
Medalla de Ludovico III Gonzaga.[39][40] Ca.

1447

1448

10,10 cm
Medalla de Cecilia Gonzaga.[41][42] 1447 8,70 cm
Medalla de Belloto Cumano.[43] 1447 8,00 cm
Medalla de Pier Candido Decembrio.[44] Ca.

1447

1448

8,00 cm
Primeira medalla de Afonso V de Aragón.[45][46] 1449 11,00 cm
Segunda medalla de Afonso V de Aragón.[47] 1449 10,60 cm
Terceira medalla de Afonso V de Aragón.[48] 1449 10,80 cm
Medalla de íñigo d'Avalos.[49][50] 1449 7,80 cm

Medallas de atribución dubidosa[editar | editar a fonte]

Ademais destas 23 medallas, hai un bo número delas de atribución dubidosa, como é o caso dunha sobre Lionello d'Este, co vaso de Este no reverso. Hai outras medallas que aparecen citadas nalgungas fontes dos séculos XV e XVI (como Vasari, Giovio, Basinio e Porcellio) como obra de Pisabelo, mais non se coñece a súa especie física. Estes son os seus personaxes:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pisanello, Antonio: Droits et revers de quatre médailles d'Alphonse V d'Aragon". Musée du Louvre, Département des Arts graphiques.
  2. "Pisanello: Biography". Web Gallery of Art.
  3. "Pisanello: Biography". National Gallery of Art.
  4. "Portrait Medals: History and Production Processes. Pisanello and the History of the Renaissance Medal". The Metropolitan Museum of Art.
  5. Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 5.
  6. Forrer, L. (1909). Vol. IV. "Pisanello (Pisano, Antonio)". Páxinas 564-581.
  7. Zeri, F. et al. (1999). Páxina 33.
  8. VV.AA. (1983). Páxina 4.
  9. "Pisanello". The Metropolitan Museum of Art.
  10. "Pisanello: Works of Art". National Gallery of Art.
  11. "Pisanello". Victoria and Albert Museum.
  12. "Medal of Emperor John VIII Palaeologus". Web Gallery of Art.
  13. "Medal: John VIII Palaeologus". The Metropolitan Museum of Art.
  14. "Gianfrancesco Gonzaga". Web Gallery of Art.
  15. "Medal: Gianfrancesco I Gonzaga". The Metropolitan Museum of Art.
  16. "Gianfrancesco Gonzaga". Web Gallery of Art.
  17. "Portrait medal of Niccolò Piccinino". The Metropolitan Museum of Art.
  18. "Gianfrancesco Gonzaga". Web Gallery of Art.
  19. "Filippo Maria Visconti". National Gallery of Art.
  20. "Francesco Sforza". Web Gallery of Art.
  21. "Francesco Sforza". The Metropolitan Museum of Art.
  22. "Leonello d'Este". Web Gallery of Art.
  23. "Medal: Leonello d'Este". The Metropolitan Museum of Art.
  24. "Leonello d'Este (2)". Web Gallery of Art.
  25. "Leonello d'Este (2)". National Gallery of Art.
  26. "Leonello d'Este (3)". Web Gallery of Art.
  27. "Leonello d'Este". National Gallery of Art.
  28. "Leonello D’Este". Italian Renaissance Medals.
  29. "Leonello d'Este (5)". National Gallery of Art.
  30. "Leonello d'Este (6)". Web Gallery of Art.
  31. "Leonello d'Este (6)". National Gallery of Art.
  32. "Sigismondo Pandolfo Malatesta". Web Gallery of Art.
  33. "Sigismondo Pandolfo Malatesta (1)". National Gallery of Art.
  34. "Sigismondo Pandolfo Malatesta (2)". Web Gallery of Art.
  35. "Sigismondo Malatesta (2)". The Metropolitan Museum of Art.
  36. "Domenico Novello Malatesta". National Gallery of Art.
  37. "Vittorino da Feltre". Web Gallery of Art.
  38. "Portrait medal of Vittorino Rambaldoni da Feltre". The Metropolitan Museum of Art.
  39. "Ludovico III Gonzaga". Web Gallery of Art.
  40. "Ludovico Gonzaga III". The Metropolitan Museum of Art.
  41. "Medal of Cecilia Gonzaga". Web Gallery of Art.
  42. "Portrait medal of Cecilia Gonzaga". The Metropolitan Museum of Art.
  43. "Cumano (Belloto)". Italian Renaissance Medals.
  44. "Pier Candido Decembrio". Italian Renaissance Medals.
  45. "Alfonso of Aragon". Web Gallery of Art.
  46. "Alfonso V, King of Aragon and Sicily". The Metropolitan Museum of Art.
  47. "Alfonso V, King of Aragon & Sicily (2)". Italian Renaissance Medals.
  48. "Alfonso V of Aragon (3)". National Gallery of Art.
  49. "Medal: Don Iñigo d’Avalos". The Metropolitan Museum of Art.
  50. "Don Iñigo d'Avalos". National Gallery of Art.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brenzoni, R. (1952). Pisanello, pittore. Olschki, Florencia.
  • Castrichini, M. (1996). Pisanello. Restauri ed interpretazioni, Ediart, Todi. ISBN 9788885311299
  • Chiarelli, R. (1958). Pisanello, Milán.
  • Coletti, L. (1953). Pisanello. Milán.
  • Dagenhart, B. (1941). Pisanello. n.Schroll & Co Viena.
  • Fossi Todorow, M. (1966). I disegni del Pisanello e della sua cerchia. Olschki, Florencia.
  • Foville, J. (1909). Pisanello et les Médailleurs italiens. Renouard, París.
  • Hill, G. F. (1905): Pisanello. Duckworth and Co. Londres.
  • Magagnato, L. (ed.) (1958). Da Altichiero a Pisanello. Neri Pozza, Venecia.
  • Marini. P. (ed.) (1966). Pisanello, Mondadori Electa.
  • Paccagnini, G. (1973). Pisanello. ISBN 071481556X
  • Vasari, G.; Venturi, A. (1896). Gentile da Fabriano e il Pisanello. Sansoli, Florencia.
  • VV.AA. (1966). L'opera completa di Pisanello. Rizzoli, Milán.
  • VV.AA. (1983). Medaglie italiane del Rinascimento. Museo Nazionale del Bargello, FFlorencia.
  • Zeri, F. et al. (1999). Un velo di silenzio, Rizzoli, Milán. ISBN 9788817863520

Outros artigos[editar | editar a fonte]