Maurizio Polsinelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaurizio Polsinelli
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , poeta Editar o valor em Wikidata

Maurizio Polsinelli, nado en Roma o 15 de decembro de 1972 e residente en Galicia, é un pianista, compositor, intérprete de harmonio e órgano, escritor, tradutor e profesor de italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade III de Roma e formado no conservatorio de música Santa Cecilia de Roma.

En Roma traballou como pianista clásico en varias agrupacións musicais, foi organista e intérprete de harmonio durante máis de 20 anos e cofundador do grupo de rock progressive Pane.[1] Do 2009 é o disco Corde e martello, dúo piano e voz con Claudio Orlandi.

Reside en Galicia desde 2013 onde é profesor de italiano en varias institucións públicas e privadas e exerce de intermediario en programas Erasmus con Italia. Compón para piano, harmonio, piano e voz e tamén é arranxador musical.

É poeta en galego con O deber do lume: "unha especie de biografía lírica que está claramente contaminada polo eu poético, pola miña infancia na Roma máis urbana e pola miña memoria e experiencia persoal dos lugares onde ela se criou".[2]

Discografía con PANE[editar | editar a fonte]

  • Pane, 2003
  • Tutta la dolcezza ai vermi, 2008
  • Orsa Maggiore, 2011
  • Dismissione, 2014

Traballos con 2naFronteira[editar | editar a fonte]

2naFronteira é un dúo composto por el e Carmen Penim, o dúo creouse no 2008, cando ambos os dous inician a súa andaina xuntos en Italia, onde Carmen estaba a estudar canto.

Adoita tocar a versión portable do harmonio no proxecto "A voz da pedra" con 2naFronteira, conseguindo,  unha particular conexión coa tradición folclórica galega. O proxecto inclúe tamén unha operación de recuperación deste instrumento.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Humo en los ojos. Italia, 2011.
  • Alma (CD), 2013
  • Zapatiños para Díaz Castro (CD), 2014. Quince poemas musicados.[3]
  • Sons de Nós (CD), 2015. Arredor de Nós. Concerto sobre a Xeración Nós polo seu centenario.[4]

Proxectos[editar | editar a fonte]

  • Federico García Lorca. Amando en galego, 2011. Os Seis poemas galegos musicalizados.[5]
  • Os olhos de Pessoa. Autopsicografía, 2014. Seis poemas de Fernando Pessoa musicalizados.[6]
  • A voz da pedra, 2015. Concerto para as igrexas, a recuperación do harmonio de igrexa para uso concertístico a través do proxecto.[7]
  • Rosalía de Castro, 2017. Poemas de Cantares gallegos musicalizados.[8]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2004: Mellor instrumentista no  Premio Nazionale Un Giorno Insieme - Città di Sulmona.
  • 2005: XIX Premio Pavanello, xunto co grupo de rock progresivo PANE.
  • 2013: O relato "Paola T." é seleccionado no III concurso literario "Il volo di Pegaso".
  • 2016: Xuíz honorario do Couto Mixto, xunto a Carmen Penim, polo traballo de 2naFronteira.[9]
  • 2021: Finalista no III Premio de Poesía. Florencio Delgado Gurriarán con "Eu fun o meteorito".
  • 2022: Finalista no IV Premio de Poesia Eduardo Pondal, con "O deber do lume".
  • 2022: IV Premio de Poesía Torre de Caldaloba con "Cartografía dos tránsitos".[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Maurizio Polsinelli". linkedin. Consultado o 16 de xullo de 2023. 
  2. Diario, Nós (2023-04-06). "Maurizio Polsinelli: "Díaz Castro colocou Galiza no meu mapa conceptual inoculando a necesidade da beleza"". Nós Diario. Consultado o 2023-07-16. 
  3. "musicaengalego: 2NAFRONTEIRA zapatiños para Diaz Castro". musicaengalego. Consultado o 2020-11-06. 
  4. "Un concerto de 2naFronteira e unha exposición para homenaxear a Xeración Nós. Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2020-11-05. 
  5. AMICCercado, s/n Celanova-32800Ourense España. "Concerto "Federico García Lorca. Amando en galego"". emigracion.xunta.gal. Consultado o 2020-11-06. 
  6. "Vídeos música galega - Galiza Videoclips - OS OLHOS DE PESSOA - Autopsicografia - 2naFronteira". www.gzmusica.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2020-11-06. 
  7. "Evento: 2naFronteira: A voz da pedra. Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2020-11-05. 
  8. GaliciaDigital. "2naFronteira homeaxean a Rosalía de Castro cun concerto no Teatro Principal". www.galiciadigital.com. Consultado o 2020-11-06. 
  9. Región, La (2016-07-02). "El Couto Mixto elige en Rubiás tres nuevos jueces honorarios". La Región (en castelán). Consultado o 2023-07-28. 
  10. "Certame de poesía Torre de Caldaloba Axenda cultural AELG::". 2022-11-17. Consultado o 2023-07-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]