Matías Tudela Perret
Matías Tudela | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome completo | Matías Tudela Perret | ||
Nacemento | 6 de outubro de 1984 (39 anos) | ||
Lugar | Valencia, España | ||
Posición | Centro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | ||
2003-2004 | Tatami R.C. | ||
2004-2005 | C.R. Les Abelles | ||
2005-2006 | Heriot's R.C. | ||
2006-2010 | CRC Pozuelo | ||
2010-2013 | Ordizia R.E. | ||
2013-2015 | C.R. Cisneros | ||
2015-???? | Tatami R.C. | ||
Selección nacional | |||
2008-2014 | España | 18 caps |
Matías Tudela Perret, nado o 6 de outubro de 1984 en Valencia (España), é un xogador de rugby, internacional coa selección absoluta, e capitán do equipo nacional de rugby a 7 que disputou os Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro. A nivel de club, despois de varios anos xogando en Madrid e Ordizia, dende 2015 xoga e adestra no Tatami Rugby Club da División de Honra B, equipo no que se formou dende cativo. O seu irmán máis novo Joan Tudela Perret tamén e internacional absoluto coa selección española de rugby.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Matías Tudela comezou a xogar ó rugby con sete anos de idade no Tatami Rugby Club da súa cidade natal, club no que xa xogara o seu pai Jose Luis Tudela "Jim", que tamén foi adestrador do primeiro equipo. En 2004 deixou o seu club de toda a vida, que competía en ligas rexionais, e botou unha tempada no Club de Rugby Les Abelles acabado de ascender á segunda división. Un ano despois marchou a Escocia e xogou unha tempada no Heriot's Rugby Club de Edinburgh, un dos equipos máis importantes da Scottish Premiership. Xa en 2006 volveu a España e uniuse ó proxecto do Club de Rugby CRC Pozuelo (o antigo Real Canoe da capital española) e nese equipo xogou durante catro tempadas, acadando o título de liga en 2008/09 ás ordes do adestrador francés Regis Sonnes despois do subcampionato en 2006/07, e dúas Copas do Rei en 2007/08 e 2008/09, así como a primeira e única edición da Liga Superibérica coa franquía dos Gatos de Madrid. Durante a súa estancia no CRC tamén debutou coa selección nacional na tempada 2007/08, e xogou na segunda competición continental como parte do Olympus XV,[1] franquía creada en 2009/10 pola Federación Española de Rugby para esa competición. Os problemas económicos levaron ó CRC a un descenso administrativo trala tempada 2009/10, e como consecuencia moitos xogadores marcharon, entre eles Matías Tudela, que asinou co Ordizia Rugby Elkartea.[2] No equipo guipuscoano xogou entre os anos 2010 e 2013, acadando dous subcampionatos de liga en 2010/11 e 2011/12, e dúas Copas do Rei en 2011/12 e 2012/13. Neses anos foi un membro fixo do equipo nacional de rugby a 7 que participou nas Series Mundiais durante dúas tempadas (2012/13 e 2013/14). Nesa tempada 2013/14 Tudela uniuse ó Club de Rugby Cisneros da capital española,[3] levando ó equipo ós seus mellores resultados en 25 anos, e xogando a final da Copa do Rei 2014/15. En 2015 volveu ó seu club de orixe, o Tatami, ocupando o cargo de xogador e adestrador do primeiro equipo,[4] que acadou ese mesmo ano o ascenso á División de Honra B. En 2016 sucedeu a Pablo Feijoo no posto de capitán do equipo nacional de rugby a 7, que o 19 de xuño de 2016 acadou a clasificación para disputar os Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro.[5] No torneo olímpico acadou o décimo posto.
Clubs[editar | editar a fonte]
Tempada(s) | Club | Cidade | Liga |
---|---|---|---|
2003/04 | Tatami R.C. | Valencia | Rexional valenciana |
2004/05 | C.R. Les Abelles | Valencia | División de Honra B |
2005/06 | Heriot's R.C. | Edimburgo | Scottish Premiership |
2006/07 | C.R.C. Madrid | Pozuelo | División de Honra |
2007/08 | C.R.C. Madrid | Pozuelo | División de Honra |
2008/09 | C.R.C. Madrid | Pozuelo | División de Honra |
Gatos de Madrid | Madrid | Liga Superibérica | |
2009/10 | C.R.C. Madrid | Pozuelo | División de Honra |
Olympus XV | Madrid | Challenge Cup | |
2010/11 | Ordizia R.E. | Ordizia | División de Honra |
2011/12 | Ordizia R.E. | Ordizia | División de Honra |
2012/13 | Ordizia R.E. | Ordizia | División de Honra |
2013/14 | C.R. Cisneros | Madrid | División de Honra |
2014/15 | C.R. Cisneros | Madrid | División de Honra |
2015/16 | Tatami R.C. | Valencia | Rexional valenciana |
2016/17 | Tatami R.C. | Valencia | División de Honra B |
Palmarés en clubs[editar | editar a fonte]
- Liga Española de rugby: 1 título.
- 1ª posición: 2008/09
- 2ª posición: 2006/07, 2010/11, 2011/12
- Copa do Rei de rugby: 4 títulos.
- 1ª posición: 2007/08, 2008/09, 2011/12, 2012/13
- 2ª posición: 2014/15
- Outros títulos
- 2 Supercopas de España: 2008 e 2009
- 1 Liga Superibérica: 2009
Palmarés coa selección[editar | editar a fonte]
- 17 encontros coa selección absoluta.
- Participación na Copa do Mundo de Seven 2013.[6]
- Participación nas Series Mundiais de Seven 2012/13.[7]
- Participación nas Series Mundiais de Seven 2013/14.[8]
- Participación nos Xogos Olímpicos de 2016.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Palumbo, Acevedo y Matías Tudela vuelven a la lista del Olympus XV Madrid, artigo no xornal deportivo Marca. (en castelán)
- ↑ Perico Martín y Matías Tudela refuerzan la línea de Ordizia, artigo no xornal deportivo Marca. (en castelán)
- ↑ Complutense Cisneros presenta un proyecto muy ambicioso Arquivado 10 de agosto de 2016 en Wayback Machine., artigo no xornal deportivo Marca. (en castelán)
- ↑ Matías Tudela dirigirá el equipo senior del Tatami, artigo da web especializada "Scream of Rugby"] (en castelán)
- ↑ El 'Seven' español va a los Juegos de Río, artigo no xornal deportivo Marca. (en castelán)
- ↑ España acaba última en su grupo del Mundial de Seven de Moscú, artigo no xornal deportivo Marca. (en castelán)
- ↑ La selección española parte hacia las IRB Seven World Series, artigo no xornal deportivo Marca. (en castelán)
- ↑ El novedoso Seven español para las Series Mundiales, artigo no xornal deportivo Marca. (en castelán)