Matsutake
Matsutake | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Matsutake | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
'Tricholoma matsutake' |
Matsutake (松茸?) é o nome común dun fungo micorriza que crece en Asia, Europa e América do Norte. É apreciado polos xaponeses polo seu recendo aromático a especias.[1][2]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Os matsutake crecen baixo as árbores e aliméntanse das follas caídas e outros materiais que residen no piso forestal. Tamén crea unha relación simbiótica coas raíces de varias especies de árbores.
Estes cogomelos medran comunmente na China, o Xapón, Corea, Finlandia, Suecia, entre outros. No Xapón crece comunmente cerca de árbores de piñeiro vermello xaponés. No Pacífico Noroeste norteamericano atópase en bosques de coníferas sobre unha ou máis das seguintes especies: abeto de Douglas, abeto nobre, abeto vermello, Pinus lambertiana, Pinus ponderosa e Pinus contorta. En California encóntrase tamén en frondosas, incluíndo o tanoak e o érbedo.
En 1999, N. Bergius e E. Danell describiron que o Tricholoma nauseosum sueco e o matsutake xaponés era a mesma especie.[3] Con este descubrimento aumentaron as vendas do fungo desde Europa do Norte ao Xapón.
Custo e dispoñibilidade
[editar | editar a fonte]Os matsutake son difíciles de plantar polo que o seu custo é moi elevado. A produción doméstica no Xapón reduciuse na última metade do século XX pola presenza dun nemátodo de piñeiro Bursaphelenchus xylophilus. A colleita anual de matsutake no Xapón era a primeiros do século XXI menor ás mil toneladas e é reforzada con importacións de Corea, China, o Pacífico Noroeste norteamericano (Norte de California, Oregón, Washington e Columbia Británica) e Europa do Norte (Finlandia e Suecia).[4] O prezo no mercado xaponés depende bastante da calidade, da dispoñibilidade e da orixe. O matsutake xaponés ao comezo da temporada, que é o máximo, pode aumentar a $2.000 o quilogramo. Pola contra, o matsutake importado pode roldar nos $90 o quilogramo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ashkenazi, Michael; Jacob, Jeanne (2003). Food culture in Japan. Greenwood Publishing Group. p. 49. ISBN 0313324387.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2013. Consultado o 01 de marzo de 2018.
- ↑ Eric Danell, The Swedish matsutake and the Japanese matsutake are the same species!, The Edible Mycorrhizal Mushroom Research Group, Department of Forest Mycology and Pathology, Swedish University of Agricultural Sciences.
- ↑ 輸入マツタケに異変 中国産激減、フィンランド参戦, J-CAST, 2007/9/26. (en xaponés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matsutake |
- Pacific Rim Mushrooms - Matsutake Gohan
- Winema National Forest matsutake-information
- Hsiao-Ching Chou Fantastic Forage: Wild matsutake mushrooms Arquivado 25 de outubro de 2008 en Wayback Machine. Seattle Post-Intelligencer (2004.)
- Robert Sasata Tricholoma matsutake Healing-mushrooms.net
- Pictures from Japanese matsutake-forests (en sueco)