Matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celebración en España con motivo da aprobación do matrimonio homosexual.

O matrimonio entre persoas do mesmo sexo está recoñecido pola lexislación de España dende o ano 2005.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Dende a elección de José Luis Rodríguez Zapatero como secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español, a posibilidade de legalizar o matrimonio entre persoas do mesmo sexo empezou a ser debatida. No ano 2002 unha entrevista concedida á revista Zero levaba como titular Matrimonio, sí. Adopción, ya veremos[1].

Itinerario xurídico[editar | editar a fonte]

Invitados ó Congreso o día da votación da reforma do Código Civil.

No ano 2004 o (PSOE) presentouse ás eleccións xerais cun programa que incluía un compromiso de "permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e o que o exercicio destes dereitos implica. Tras a vitoria socialista nas eleccións e na formación do goberno, e tras moito debate, o 30 de xuño de 2005 foi aprobada a lei pola que se modificaba o Código Civil. Permitíase así o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e, como resultado, os dereitos de adopción conxunta, herdanza e pensión. A proposición de lei, sometida a votación no Congreso dos Deputados, aprobouse con 187 votos a favor, 147 en contra e 4 abstencións. A modificación afectou ó artigo 44 do Código Civil, que dende ese día dicía:

{{cita|El matrimonio tendrá los mismos requisitos y efectos cuando ambos contrayentes sean del mismo o diferente sexo[2].

A lei foi publicada o 2 de xullo do 2005 e o matrimonio entre persoas do mesmo sexo era legal en España oficialmente a partir do 3 de xullo do mesmo ano[3].

Reacción[editar | editar a fonte]

Protesta contra o matrimonio homosexual en España.

Fronte á iniciativa lexislativa para permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo iniciáronse campañas en contra. Foron especialmente activas a xerarquía da Igrexa Católica Romana1Igrexa Católica e institucións ligadas a ela, como o chamado Foro Español da Familia, ademais de certos medios de comunicación de dereitas e partidos políticos conservadores.

Medios de comunicación[editar | editar a fonte]

Algunhas das cadeas de radio e xornais españois de orientación conservadora tomaron posición en contra do recoñecemento do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Así Federico Jiménez Losantos, dende a cadea COPE, afirmaba que "el gobierno español sólo habla con terroristas, homosexuales y catalanes, a ver cuándo se decide a hablar con gente normal"[4].

Igrexa Católica[editar | editar a fonte]

Representantes da Igrexa expresaron en reiteradas ocasións o seu rexeitamento ó recoñecemento das unións de persoas do mesmo sexo baixo a figura xurídica do matrimonio. Así, en xaneiro do 2006, monseñor Blázquez dicía que "la Iglesia opina que el matrimonio es la unión estable por amor, no por conveniencia, entre un home y una mujer para la mutua complementariedad y para la reproducción". En marzo do mesmo ano o mesmo Blázquez opinaba que "la extensión del matrimonio entre personas del mismo sexo y el reconocimiento de la capacidad legal de estas parejas para la adopción forma parte “de la desestructuración de la familia". Pola súa parte, o bispo de Palencia, o donostiarra José Ignacio Munilla Agirre, afirmou:

No hay otro camino de liberación para las personas homosexuales que la lucha por corregir sus propias tendencias desviadas. La rendición a esa neurosis sexual, la búsqueda de contactos y relaciones, inestables y frustrantes por su propia naturaleza, desemboca a la larga en una profunda insatisfacción, por mucho que se disfrace de ruidosa alegría aparente.

A Conferencia Episcopal Española evitou en todo momento facer declaracións oficiais deste teor.

Alén das tomas de posición dos membros da xerarquía, en múltiples ocasións déronse casos de incidentes protagonizados polo clero local e por membros seculares da Igrexa. É o caso dunha muller lesbiana que foi expulsada polo bispado de Cidade Real dunha confraría tras casar coa súa parella[5]. Tamén a modo de exemplo, o párroco de Sangonera la Verde, na rexión de Murcia, afirmou nunha homilía que "los gays son personas que no deben estar en el mundo y deberían quitarse de en medio. No deben entrar en el reino de Dios porque son viciosos y mala gente"[6].

Casa real[editar | editar a fonte]

En outubro do ano 2008 a libro a escritora Pilar Urbano publicou o libro La Reina muy de cerca, que contiña conversacións coa raíña de España, Sofía de Grecia. Nunha destas conversas a raíña expresaba o seu rexeitamento á denominación de matrimonio que se lle deu á unión conxugal entre persoas do mesmo sexo. Segundo a raíña, "si estas personas quieren vivir juntas, vestirse de novios y casarse, pueden estar en su derecho, o no, según las leyes de su país: pero que a eso no le llamen matrimonio, porque no lo es"[7].

Foro da Familia[editar | editar a fonte]

O Foro da Familia iniciou unha campaña de recollida de sinaturas e convocou manifestacións e concentracións en diferentes cidades do territorio estatal. Poucos días antes da aprobación da lei, o 18 de xuño, celebrouse unha manifestación convocada polo Foro á que, segundo os organizadores, asistiu un millón e medio de persoas, que segundo a delegación do goberno en Madrid superaban escasamente os 166.000, algo máis da décima parte. Asistiron a ela o secretario xeral do Partido Popular, Ángel Acebes, o voceiro do mesmo partido no Congreso, Eduardo Zaplana, o eurodeputado Jaime Mayor Oreja, os ex ministros Federico Trillo, Ana Pastor e Miguel Arias Cañete e o voceiro parlamentario Vicente Martínez Pujalte. Asemade, asistiron á manifestación o arcebispo de Toledo e vicepresidente da Conferencia Episcopal, Antonio Cañizares, o arcebispo de Granada, Javier Martínez, os arcebispos de Castellón, Juan Antonio Reig, e Xaca, Rafael Higuero, e o voceiro episcopal, Juan Antonio Martínez Camino. Tamén outros representantes de organizacións católicas, como o fundador do Camino Neocatecumenal, Kiko Argüello, o presidente da Universidade Católica de Murcia, José Luis Mendoza, e o presidente da Fundación San Pablo CEU, Alfonso Coronel de Palma[8].

Outros colectivos[editar | editar a fonte]

Ó mesmo tempo, medios como a páxina www.hazteoir.org proporcionaban frecuentemente noticias sobre as actividades dun suposto lobby gai na vida política española e na de outros países. HazteOir.org publicou un informe elaborado por profesores das universidades Francisco de Vitoria e San Pablo CEU titulado No es igual, no que se alertaba dos supostos efectos negativos que podería ter sobre un cativo ser adoptado por unha parella de homosexuais[9].

Incidencia[editar | editar a fonte]

Taxa de nupcialidade de matrimonios homosexuais en España, 2008.

Durante o ano 2007 celebráronse en España 3.250 matrimonios homosexuais, case un 29% menos que no ano 2006. Deles, celebráronse 77 en Galicia, 52 entre homes e 25 entre mulleres, o que representa unha das taxas máis baixas de España.[10] [11]Aínda así, estímase que arredor de 18.000 parellas do mesmo sexo casaron en España entre o ano 2005 e o 2009, das cales un 64,8% estaban formadas por homes e un 35,2% por mulleres.[12] No ano 2009 en España celebráronse 175.952 casamentos, e deles 172.540 foron entre persoas de distinto sexo (21.482 menos que no 2008), mentres que 3.412 (o 1’94%) foron entre persoas do mesmo sexo (218 máis que no 2008). Destes últimos, 2.212 foron matrimonios entre homes, mentres que 1.200 foron matrimonios entre mulleres.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Zapatero asegura en la revista Zero que el matrimonio entre parejas gays 'beneficiará a toda la sociedad'". www.elmundo.es. 28/06/2005. http://www.elmundo.es/elmundo/2005/06/27/comunicacion/1119870906.html. Consultado o 13/03/2011.  (en castelán)
  2. "LEY 13/2005, de 1 de julio, por la que se modifica el Código Civil en materia de derecho a contraer matrimonio" (Pdf). 02/07/2005. http://www.boe.es/boe/dias/2005/07/02/pdfs/A23632-23634.pdf. Consultado o 12/06/2010.  (en castelán)
  3. El Congreso aprueba el matrimonio homosexual con mayoría absoluta. 30/06/2005. http://www.20minutos.es/noticia/35179/0/matrimonio/homosexual/gay/.  (en castelán)
  4. Cadea COPE, programa La mañana (13/06/2005) (en castelán)
  5. "El obispado de Ciudad Real logra la expulsión de una mujer de una cofradía por lesbiana". www.elpais.com. 05/04/2008. http://www.elpais.com/articulo/sociedad/obispado/Ciudad/Real/logra/expulsion/mujer/cofradia/lesbiana/elpepusoc/20080405elpepusoc_3/Tes. Consultado o 13/03/2011.  (en castelán)
  6. Los gays son personas que no deben estar en este mundo. 16/062006. http://www.20minutos.es/noticia/131719/0/.  (en castelán)
  7. "El rechazo de la reina Sofía al "matrimonio" gay levanta las primeras ampollas". www.publico.es. 30/10/2008. http://www.publico.es/espana/169575/el-rechazo-de-la-reina-sofia-al-matrimonio-gay-levanta-las-primeras-ampollas. Consultado o 13/03/2011.  (en castelán)
  8. ARROYO, M. (20/06/2005). "Una multitud pide que se retire la ley del matrimonio homosexual". www.elmundo.es. http://www.elmundo.es/elmundo/2005/06/18/espana/1119111135.html. Consultado o 13/03/2011.  (en castelán)
  9. "Entrevista con el coordinador del Informe 'No es igual' de HazteOir.org sobre adopción por homosexuales". www.hazteoir.org. 10/06/2005. http://www.hazteoir.org/noticia/entrevista-coordinador-del-informe-no-es-igual-hazteoir-org-adopcion-homosexuales-538. Consultado o 13/03/2011.  (en castelán)
  10. La Voz de Galicia, 05/07/2008. (en castelán)
  11. "Galicia está entre las comunidades con la tasa más baja de matrimonios de homosexuales". La Voz de Galicia. 4/07/2008. http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/07/04/00031215183192599539911.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz. Consultado o 05/04/2011. (en castelán)
  12. "Más de 18.000 matrimonios contabilizados entre personas del mismo sexo". FELGTB. 14/07/2010. http://www.felgtb.org/es/notas-de-prensa/mas-de-18-000-matrimonios-contabilizados-entre-personas-del-mismo-sexo. Consultado o 05/04/2011. (en castelán)
  13. INE (22/06/2010). "Movimiento Natural de la Población e Indicadores Demográficos Básicos. Año 2009. Datos provisionales." (Pdf). www.ine.es. http://www.ine.es/prensa/np600.pdf. Consultado o 24/06/2010. (en castelán)