Antonio Cañizares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Cañizares Llovera
Antoniocanizares2.jpg
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1945 en Utiel, provincia de Valencia
Ordes
Ordenación sacerdotal21 de xuño de 1970, por José María García Lahiguera
Consagración episcopal25 de abril de 1992, por Mario Tagliaferri
Arcebispo metropolitano de Valencia
2014 - actualidade
PredecesorCarlos Osoro
Outros
Coat of arms of Antonio Cañizares Llovera.svg
Escudo de Antonio Cañizares
Fiat voluntas tua
Ficha en catholic-hierarchy.org

Antonio Cañizares Llovera, nado o 15 de outubro de 1945 en Utiel (Comunidade Valenciana), é un eclesiástico latino e cardeal valenciano, arcebispo metropolitano de Valencia dende 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Valencia o 21 de xuño de 1970 polo seu arcebispo, José María García Lahiguera.

O 6 de marzo de 1992 foi nomeado bispo de Ávila polo papa Xoán Paulo II. Recibiu a consagración episcopal o 25 de abril do mesmo ano, de mans do nuncio Mario Tagliaferri, e tendo como principais co-consagradores ao arcebispo de Toledo Marcelo González Martín e ao de Madrid Ángel Suquía Goicoechea. O 10 de decembro de 1996 foi nomeado arcebispo de Granada.

O 24 de outubro de 2002 foi nomeado arcebispo de Toledo. O papa Bieito XVI creouno cardeal no consistorio do 24 de marzo de 2006. O 4 de outubro de 2014 foi nomeado arcebispo de Valencia.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Santo Tomás de Villanueva, testigo de la predicación española del siglo XVI (en castelán). Madrid: Instituto Superior de Pastoral. 1973. 
  • La evangelización, hoy (en castelán). Madrid: Ediciones Marova. 1977. 
  • Confesión de fe y cultura actual (en castelán). Salamanca: Secretariado Trinitario. 1985.