Matilde Felpeto
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | novembro de 1947 (77 anos) A Queira, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Matilde Felpeto Lagoa, nada na Queira (Cervás, Ares) en novembro de 1947, é unha escritora galega especializada en libros de gastronomía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa traxectoria profesional como funcionaria no Instituto Nacional do Libro Español (INLE), en Madrid. Encargada da redacción dos primeiros catálogos de libros escritos en galego publicados polo INLE. Pide a excedencia como funcionaria para dedicarse ó ensino. Exerceu como profesora de bacharelato e impartiu clases de Lingua e Literatura Españolas en cidades como Madrid, Ponteareas e Vigo.
Estudosa da gastronomía tradicional e popular galega. Como autora, tense dedicado ao estudo e investigación sobre a tradición gastronómica galega. É autora de varios volumes de libros de culinaria nos que se ocupa de localizar as receitas e os ingredientes que as compoñen na historia e na tradición e tamén como foi a súa evolución, tanto por razóns históricas como tecnolóxicas. Escribe en galego e en castelán.
Obra
[editar | editar a fonte]- Recetas de la cocina familiar gallega Nigra Trea, 1ª edición, 2002. 2ª edición 2006
- Cociñar con albariño, Nigra Trea, 2007
- Recetas de repostería tradicional de la cocina gallega y portuguesa (Coautora : Elvira Araujo). Nigra Trea, 2012
- 40 menús para 40 banquetes, Nigra Trea, 2012
- El capón de Vilalba y su cocina Ediciones Trea, 2009.[1]
- O polbo e a súa cociña, 2014, Xerais.
- Cociña Galega Tradicional. Receitas, tradición, historia e evolución. 2017, Edicións Xerais (edición en galego e en castelán).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 561. ISBN 84-7492-465-0.