Mastite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mastite
Clasificación e recursos externos
MedlinePlusmastitis
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A mastite[1] ou mamite[2] é un termo médico que se refire á inflamación da glándula mamaria de primates e a ubre noutros mamíferos. Dáse por unha obstrución dos condutos do leite. A mastite pode ser chamado tamén absceso subareolar, ectasia ductal, inflamación periductal ou doenza de Zuska.[3] Denomínase mastite puerperal cando ocorre en nais lactantes e non-puerperal no resto dos casos. A mastite raramente ocorre en homes ou animais machos. Pola súa similitude cos síntomas do cancro de mama, débese excluír un para o diagnóstico do outro.

A mastite é unha condición adoita en medicina veterinario, tomando nese campo, unha definición similar. Xeralmente afecta o gando bovino, causado por unha bacteria, endurecendo as mamilas do animal, do mesmo xeito que a ubre, cortando a subministración de leite e no seu lugar segregando un líquido amarelado e oloroso que a maioría das veces acompáñase de residuos de sangue. É quen de provocar a morte en casos moi severos.

Os microorganismos máis frecuentemente asociados a unha mastite son os estreptococos do grupo B, o Staphylococcus aureus e especies non tuberculosas do xénero Mycobacterium en humanos e o Arcanobacterium pyogenes que produce unha mastite bovina transmitida por moscas.

Epidemioloxía[editar | editar a fonte]

A mastite ocorre entre o 1 e o 3 % das mulleres que aleitan ós seus fillos.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mastite.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mamite.
  3. Trigos Micoló Ignacio, Herrán Motta Fanny Stella, Curiel Valdés José de J. ¿Qué es la enfermedad de Zuska? Cir Plast 2000; 10(2) : 60-64
  4. Harrison Principios de Medicina Interna 16a edición. "Capítulo 120. Infecciones estafilocócicas". McGraw-Hill. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]