María Blasco Marhuenda
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) Verdegas, España (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Valencia - Licenciatura Universidade Autónoma de Madrid - Doutoramento |
Tese académica | Q98969857 |
Director de tese | Margarita Salas |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioloxía molecular e oncoloxía |
Ocupación | bióloga |
Empregador | Centro Nacional de Investigação Oncológica (pt) , directora |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Premios
| |
María Antonia Blasco Marhuenda, nada en Alacant en 1965, coñecida como María Blasco, é unha bióloga española especializada nos telómeros e a telomerasa.[1] Desde o ano 2011 dirixe en España o Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO).[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse, no ano 1988, en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Autónoma de Madrid e obtivo o doutoramento en 1993 en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola mesma universidade baixo a dirección de Margarita Salgas Falgueras, do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa (UAM-CSIC), en Madrid. Ese mesmo ano trasladouse para ocupar un posto como investigadora posdoutoral no laboratorio da Dra. Carol Greider no Cold Spring Harbor Laboratory de Nova York, onde estivo até o ano 1997 en que comezou a súa andaina como xefa de grupo e científica do CSIC no Departamento de Inmunoloxía e Oncoloxía do Centro Nacional de Biotecnología (CSIC), Madrid.[4]
Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas
[editar | editar a fonte]En 2003 incorporouse ao Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), entón baixo a dirección do doutor Mariano Barbacid, como responsable do Grupo de Telómeros e Telomerasa e, até 2011, como Directora do Programa de Oncoloxía Molecular. De 2005 a 2011 foi Vicedirectora de Investigación Básica. Desde o 22 de xuño de 2011 dirixe o CNIO[2], unha institución de preto de cincocentas persoas.[5]
Life Length - Ensaio de envellecemento
[editar | editar a fonte]María Blasco é fundadora da empresa de biotecnoloxía Life Length [6] xunto coa Fundación Marcelino Botín e a consultora Matlin Associates. Life Length, creada en setembro de 2010, é a empresa encargada de explotar comercialmente, baixo licenza cedida polo CNIO, a tecnoloxía que permite coñecer a lonxitude dos telómeros e a previsión de división celular e por tanto a expectativa de vida -esperanza de vida individual- segundo esas variables.[7][8]
Obras
[editar | editar a fonte]- 2016 - María A. Blasco e Mónica G. Salomone, Morir joven a los 140. Paidós- Planeta. ISBN 9788449332067 [9]
- 2011 - María A. Blasco e Julio Pérez Díaz, Envejecimiento. Los libros de la Catarata, colección Debates Científicos. ISBN 978-84-8319-617-5[10]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos premios e recoñecementos, entre eles:
- 2004 - Premio medalla de ouro EMBO (European Molecular Biology Organization) Heidelberg [11]
- 2007 - Premio Rei Xaime I á Investigación Básica.[12]
- 2016 - Premio Mujeres a Seguir 2016, na categoría Premio Especial á Excelencia á divulgación científica [13]
- 2017 - Distinción da Generalitat Valenciana ao Mérito Científico[14]
Outros
[editar | editar a fonte]- En 2014 foi seleccionada pola revista Quo, en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas e o Consello Superior de Deportes, para a primeira «Selección Española da Ciencia», composta por trece científicos españois destacados a escala internacional.[15][16]
- En 2018 foi incluída en La Tabla Periódica de las científicas para conmemorar no 2019 o Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos, por celebrarse o 150º aniversario da publicación de Mendeléyev.[17]
- En 2021 é elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.[18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Currículo de María Blasco en la Web del CNIO". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2018. Consultado o 18 de maio de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 La investigadora María Blasco sustituye a Barbacid al frente del CNIO, 22/6/2011 - El País
- ↑ La bióloga María Blasco, la 'madre' de un superratón que vive el equivalente a 120 años humanos, dirige un centro de vanguardia contra el cáncer, el CNIO, 20/8/2011, Público.
- ↑ María Blasco, directora del Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), Premio Antiguos Alumnos 2011 Arquivado 25 de marzo de 2020 en Wayback Machine., noticias UAM, 25/11/2011.
- ↑ Rubio, Jesús (3 de marzo de 2018). ""Podríamos llegar jóvenes a los 140 años. En ratones lo hemos logrado"". Diario de Navarra (Pamplona). Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ "Life Length, páxina oficial". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2011.
- ↑ "Life Length - Notas de prensa, 15 de diciembre de 2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ ¿Quiere saber cuánto le queda?. Un test desarrollado por la científica María Blasco se postula para medir la 'edad biológica', 31/7/2011, El País.
- ↑ Morir joven, a los 140 - Maria A. Blasco,Mónica G. Salomone | Planeta de Libros (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2019.
- ↑ Ficha do libro de María Antonia Blasco Marhuenda e Julio Pérez Díaz, Envejecimiento, ISBN 978-84-8319-617-5, en Editorial Los libros de la Catarata.
- ↑ The 2004 winner of the EMBO Gold Medal is María Blasco, en embo.org
- ↑ "Histórico Premiados Investigación Básica fprj". www.fprj.es. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2019. Consultado o 2020-04-11.
- ↑ "Ganadoras Premios MAS : Mujeres a seguir". Consultado o 30 de decembro de 2018.
- ↑ "Condecorados con las Distinciones de la Generalitat.". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ Ferrer, Aurora (2014). «Golazo de la selección española de ciencia en su primer partido Arquivado 17 de xuño de 2018 en Wayback Machine.». Quo, 29 de maio de 2014 (Consultado o 31 de maio de 2014)
- ↑ Corral, Miguel, G. (2014) «Los 'cracks' de la Roja científica». El Mundo, 30 de maio de 2014 (Consultado o 31 de maio de 2014)
- ↑ "La Tabla Periódica de las Científicas | Actualidad | Naukas" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2018.
- ↑ Carro, Ana (2022-01-11). "“Tenemos que retener el talento que se forma y captar el talento que ha emigrado”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-01-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Blasco Marhuenda |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Currículo de María Blasco Arquivado 08 de setembro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Camino a la inmortalidad, documental RTVE, coa participación de María Blasco (en castelán)
- ¿Por qué tan pocas? María Blasco MarhuendaArquivado 13 de novembro de 2020 en Wayback Machine.