María Blasco Marhuenda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Blasco Marhuenda
María Antonia Blasco Marhuenda recibiendo los Premios a la Investigación 2014-2015 de la Comunidad de Madrid (cropped).jpg
Nacemento1965
Lugar de nacementoVerdegas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valencia e Universidade Autónoma de Madrid
Ocupaciónbióloga
PremiosPrémio Körber de Ciência Europeia, Premio Xaime I de Investigación, Premio Nacional de Investigación Santiago Ramón y Cajal, Medalha de Ouro EMBO, Selección Española da Ciencia, doutor honoris causa pola Universidade de Murcia, doutor honoris causa pola Universidade Carlos lll, honorary doctor of the University of Alicante e Premio de Investigación Miguel Catalán
Na rede
IMDB: nm4864159 Dialnet: 590740 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María Antonia Blasco Marhuenda, nada en Alacant en 1965, coñecida como María Blasco, é unha bióloga española especializada nos telómeros e a telomerasa.[1] Desde o ano 2011 dirixe en España o Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO).[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse, no ano 1988, en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Autónoma de Madrid e obtivo o doutoramento en 1993 en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola mesma universidade baixo a dirección de Margarita Salgas Falgueras, do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa (UAM-CSIC), en Madrid. Ese mesmo ano trasladouse para ocupar un posto como investigadora posdoutoral no laboratorio da Dra. Carol Greider no Cold Spring Harbor Laboratory de Nova York, onde estivo até o ano 1997 en que comezou a súa andaina como xefa de grupo e científica do CSIC no Departamento de Inmunoloxía e Oncoloxía do Centro Nacional de Biotecnología (CSIC), Madrid.[4]

Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas[editar | editar a fonte]

En 2003 incorporouse ao Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), entón baixo a dirección do doutor Mariano Barbacid, como responsable do Grupo de Telómeros e Telomerasa e, até 2011, como Directora do Programa de Oncoloxía Molecular. De 2005 a 2011 foi Vicedirectora de Investigación Básica. Desde o 22 de xuño de 2011 dirixe o CNIO[2], unha institución de preto de cincocentas persoas.[5]

Life Length - Ensaio de envellecemento[editar | editar a fonte]

María Blasco é fundadora da empresa de biotecnoloxía Life Length [6] xunto coa Fundación Marcelino Botín e a consultora Matlin Associates. Life Length, creada en setembro de 2010, é a empresa encargada de explotar comercialmente, baixo licenza cedida polo CNIO, a tecnoloxía que permite coñecer a lonxitude dos telómeros e a previsión de división celular e por tanto a expectativa de vida -esperanza de vida individual- segundo esas variables.[7][8]

Obras[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos premios e recoñecementos, entre eles:

  • 2004 - Premio medalla de ouro EMBO (European Molecular Biology Organization) Heidelberg [11]
  • 2007 - Premio Rei Xaime I á Investigación Básica.[12]
  • 2016 - Premio Mujeres a Seguir 2016, na categoría Premio Especial á Excelencia á divulgación científica [13]
  • 2017 - Distinción da Generalitat Valenciana ao Mérito Científico[14]

Outros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Currículo de María Blasco en la Web del CNIO". Consultado o 18 de maio de 2011. 
  2. 2,0 2,1 La investigadora María Blasco sustituye a Barbacid al frente del CNIO, 22/6/2011 - El País
  3. La bióloga María Blasco, la 'madre' de un superratón que vive el equivalente a 120 años humanos, dirige un centro de vanguardia contra el cáncer, el CNIO, 20/8/2011, Público.
  4. María Blasco, directora del Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), Premio Antiguos Alumnos 2011 Arquivado 25 de marzo de 2020 en Wayback Machine., noticias UAM, 25/11/2011.
  5. Rubio, Jesús (3 de marzo de 2018). ""Podríamos llegar jóvenes a los 140 años. En ratones lo hemos logrado"". Diario de Navarra (Pamplona). Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  6. "Life Length, páxina oficial". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2011. 
  7. Life Length - Notas de prensa, 15 de diciembre de 2011
  8. ¿Quiere saber cuánto le queda?. Un test desarrollado por la científica María Blasco se postula para medir la 'edad biológica', 31/7/2011, El País.
  9. Morir joven, a los 140 - Maria A. Blasco,Mónica G. Salomone | Planeta de Libros (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2019. 
  10. Ficha do libro de María Antonia Blasco Marhuenda e Julio Pérez Díaz, Envejecimiento, ISBN 978-84-8319-617-5, en Editorial Los libros de la Catarata.
  11. The 2004 winner of the EMBO Gold Medal is María Blasco, en embo.org
  12. "Histórico Premiados Investigación Básica fprj". www.fprj.es. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2019. Consultado o 2020-04-11. 
  13. "Ganadoras Premios MAS : Mujeres a seguir". Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  14. "Condecorados con las Distinciones de la Generalitat.". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2020. 
  15. Ferrer, Aurora (2014). «Golazo de la selección española de ciencia en su primer partido Arquivado 17 de xuño de 2018 en Wayback Machine.». Quo, 29 de maio de 2014 (Consultado o 31 de maio de 2014)
  16. Corral, Miguel, G. (2014) «Los 'cracks' de la Roja científica». El Mundo, 30 de maio de 2014 (Consultado o 31 de maio de 2014)
  17. "La Tabla Periódica de las Científicas | Actualidad | Naukas" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2018. 
  18. Carro, Ana (2022-01-11). "“Tenemos que retener el talento que se forma y captar el talento que ha emigrado”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-01-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]