Mary Frere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mary Frere
Nacemento11 de agosto de 1845 e 1845
 Bitton
Falecemento2 de marzo de 1911 e 1911
 St Leonards
SoterradaCemitério de Brookwood
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónantropóloga e escritora
PaiHenry Bartle Frere
editar datos en Wikidata ]

Mary Eliza Isabella Frere (1845–1911) (alias May) foi unha autora inglesa de obras sobre a India. En 1868 Frere publicou a primeira compilación en inglés de contos indios Old Deccan Days.[1]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Frere naceu en Gloucestershire, Inglaterra, o 11 de agosto de 1845.[2] Foi a maior de cinco fillos. A familia viviu en Wimbledon, onde Mary recibiu educación privada. O pai de Mary servira na administración colonial na India dende 1834, e en 1862 foi designado gobernador de Bombai.[3][4][5]

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

Frere publicou varios poemas e obras. A máis popular foi Old Deccan Days; or, Hindoo Fairy Legends, Current in Southern India. Collected From Oral Tradition, impreso en 1868, con ilustracións da súa irmá Catherine Frances Frere. Segundo a introdución de Frere, comezou a súa colección de folclore indio durante unhas longas viaxes co seu pai. A súa única compaña feminina era unha asistenta nativa chamada Anna Liberata de Souza, quen descendía de cristiáns da casta Lingaet de Maharashtra.[3] O que comezou sendo unha simple leria entre as mulleres rematou en rexistro e estudo da cultura india. O pai de Frere corrixiu a obra e escribiu unha introdución á primeira edición de Old Deccan Days. O orientalista Max Müller revisou a colección de Frere e escribiu que semellaba unha tradución directa do sánscrito antigo.[3] A completa fundamentación e a sección Narrator's Narrative que conta a vida de De Souza, provén á obra dunha base pouco habitual na época, pondo os textos no contexto da difícil vida da narradora local.[6] O libro foi un éxito; na época da súa terceira edición inglesa (1881) imprimiuse en lingua alemá, húngara, danesa, marathi, hindi e gujarati.[7]

Na introdución ao seu volume de contos indios de 1892, Joseph Jacobs reimprimiu e recoñeceu a contribución de Frere a eles:[8]

"Aínda que os contos de fadas indios son os primeiros en existir, dende outro punto de vista tamén son, porén, os máis novos. Pois só ha uns vinte cinco anos que a señorita Frere comezou a moderna recompilación de contos populares indios co seu encantador Old Deccan Days."

Morte e sepultura[editar | editar a fonte]

Frere morreu en Sussex o 26 de marzo de 1911.[9][10] Está sepultada no cemiterio de Brookwood.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dorson, R. M. (1999). History of British folklore. Taylor e Francis. ISBN 0-415-20476-3. p. 334.
  2. "Mary Frere (Overview)". Orlando: Women's Writing in the British Isles from the Beginnings to the Present. Susan Brown, Patricia Clements, e Isobel Grundy (editores). Cambridge: Cambridge University Press Online. 2006. Recuperado o 31 de xullo de 2010.
  3. 3,0 3,1 3,2 Dorson. Taylor e Francis. Op.cit.
  4. Raza, Rosemary Cargill. Frere, Mary Eliza Isabella [May] (1845–1911). Oxford Dictionary of National Biography (edición en liña). Oxford University Press.
  5. Rootsweb. 1871 census - Frere household in Wimbledon
  6. Haase, Donald (2008). "South Asian Tales". The Greenwood Encyclopedia of Folktales and Fairy Tales Q–Z. Greenwood. p. 899.
  7. Dorson, p. 335
  8. Jacobs, Joseph; Batten, John D. (1892). Indian Fairy Tales. Londres: D. Nutt. p. x.
  9. Susan Brown, Patricia Clements e Isobel Grundy (editores). Op.cit.
  10. Raza, Rosemary Cargill. Op.cit.
  11. Brown, Frank Herbert (1912). "Frere, Mary Eliza Isabella". En Lee, Sidney. Dictionary of National Biography, 1912​. Londres: Smith, Elder & Co.