Marlon Maxey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marlon Maxey
Posición Ala-pivote
Dorsal 25
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Nacemento 19 de feb. de 1969 (50 anos)
Illinois Chicago, Illinois
Carreira
Universidade Minnesota / UTEP
NBA Draft 1992 / Rolda: 2 / Elección: 28
Por Minnesota Timberwolves
Tempadas 19922001
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     136 (5,4 pp)
Rebotes     97 (3,9 pp)
Tapóns     13 (0,5 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Marlon Lee Maxey, nado o 19 de febreiro de 1969 en Chicago, Illinois, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense formado nas Universidades de Minnesota e UTEP. Foi elixido no Draft da NBA de 1992 polos Minnesota Timberwolves, onde xogou dúas tempadas. Logo xogaría ao Breogán de Lugo e xogaría xa o resto da súa carreira en Europa, principalmente na liga grega. Cunha altura de 2,03 metros xogaba na posición de ala-pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Tras pasar un ano no que apenas xogou cos Golden Gophers da Universidade de Minnesota,[1] xogou durante tres tempadas máis cos Miners da Universidade de Texas-El Paso, nas que fixo unha media de 12,1 puntos e 6,8 rebotes por partido. Na súa última tempada foi incluído no mellor quinteto da Western Athletic Conference.

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na vixésimo oitava posición do Draft da NBA de 1992 polos Minnesota Timberwolves,[2] cos que asinou por catro tempadas, aínda que finalmente só disputaría dous cos Wolves, sempre como un dos últimos xogadores en saír á pista. A súa mellor campaña foi a primeira, na que fixo unha media de 5,4 puntos e 3,8 rebotes por partido.

Tras quedar sen equipo, xa en 1995 márchase a xogar ao baloncesto europeo, fichando polo Breogán de Lugo, da liga ACB, onde acaba a tempada cunha media de 19,3 puntos e 8,8 rebotes por partido. Tamén conseguiría o récord da ACB de mates nun só partido (compatido con Maceo Baston) tras conseguir facer oito contra o Coren Ourense. Ao ano seguinte marcharíase a xogar á liga grega, onde permanecería catro tempadas en tres equipos diferentes, o AEL 1964 BC, o Peristeri e o Iraklis Thessaloniki.

En 1999 ficha polo ASVEL Lyon-Villeurbanne da liga francesa, regresando ao ano seguinte á ACB da man do Lucentum Alicante, pero só disputa 9 partidos antes de ser cortado, promediando 11,1 puntos e 6,1 rebotes. Acabaría a tempada e a súa carreira deportiva no Galatasaray da liga turca.

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]