Paco Ledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paco Ledo
Pacoledofoto.jpg
Nacemento11 de febreiro de 1952
 Mariz
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta e gandeiro
XénerosPoesía
editar datos en Wikidata ]

Francisco Ledo López, máis coñecido como Paco Ledo, nado en Mariz (Chantada) o 11 de febreiro de 1952, é un gandeiro e poeta en lingua galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paco Ledo traballou de gandeiro na contorna do seu concello natal ata a súa xubilación en 2012. A súa poesía é popular, labrega, rural e fai referencia ás serras chantadinas, ás ribeiras, ás tradicións da Ribeira Sacra.

Participa no Roteiro das Artes-Internacional con publicacións colectivas en Mozambique, Brasil, etc.[2]. En 1977 publicou Poesía dun labrego, 53 poemas con limiar de Xosé Moreiras Santiso[3]:

Collede con moito agarimo este fatiño de poemas. Son dun labrego, dun poeta aínda sen facer (...). Agromaron nunha leira sen estercar. (...) Ao falarnos de Galicia, da emigración, dos camiños, dos montes, da Virxe, da moza... laia e berra, é o salouco dun galego esquecido, dun labrego esmagado, dun traballador alienado.

En 1978 e 1979 publicou varios poemas na revista Norte de Castilla. Tamén colaborou coa revista Xistral e o xornal El Progreso.

En 2011 publicou en Internet Poemas baixo o pseudónimo de Martín do Pacio e con prólogo de Celso Almuíña[4]:

Pensar, sentir, vivir e soñar é unha mestura de tempos e culturas, que se xuntan no sabor de cada uva, no amor de cada pobo. Ante iso, o poeta anque non teña verbas pra expresar tanta beleza, anque non queira, ten que voltar a facer versos (...). Bon despertar, agora no estío, diste sono.

De 2016 é Nos cumes do cántico, do que di Xosé Lois García Fernández, autor do prólogo[5]:

Nos poemas de Paco Ledo temos sempre moi presente a tradición, o florecer da nosa terra e os seus paisaxes, desta Ribeira Sacra, onde medran os seus soños, e os versos libres das súas reflexións en forma de poema. A identidade coa terra, e a palabra unida baixo o pesa dunha realidade que transmuta e cambia mais alá dos cumios da serra do Faro, ata a nada na que se verte a fantasía dos labregos que xogan a vida.

Participou con poemas seus en:

  • Colectânea de Poesia Luso-Galaica[6]. 2018.
  • El Ribeiro, mucho más que un vino (1000 años en el arte, la literatura y la documentación). José Luis Chao Rey, coord. Círculo Rojo.[7]
  • Nº 4 de Cairón, Boletín do Insituto de Estudios Ulloáns[8].
  • Vía Jacobitana, nº 3. Camino de Invierno.[9]
  • Escaleira Literaria de Sober.[10]
  • As feiras de Monterroso. José Gómez Avite e Francisco Pardo Teijeiro, Coords.[11]
  • E de súpeto o inverno (con Angel Utrera). Agadir Ediciones solidarias.[12]
  • Ecos dos poetas de Chantada. Xose Lois Garcia.[13]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Poesía dun labrego (1977), Lugo, Alvarellos, ISBN 84-400-3165-3
  • Martín do Pacio “Poemas” (2011)[14]
  • Nos cumes do cántico (2016), Edición Dous Teixos-Contos Solidarios. Ilustracións: Lomartí.
  • Hikus galegos (2019). Edición dixital Culturalia GZ. Deseño e edición portada Fernanda Hermida Garel.[15]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • A carón da lareira (2017). Imprenta Besbello, Chantada.
  • No medio da treboada (2018). Imprenta Besbello, Chantada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez, Anxo Boán (2019-09-10). Poetas do reencontro. Punto Rojo Libros. ISBN 978-84-18031-77-9. 
  2. "Roteiro das Artes Internacional". Consultado o 25/10/2017. 
  3. "Poesía dun labrego Paco Ledo López". alvarellos.info. Consultado o 25/10/2017. 
  4. "Poemas". pacoledo.es. Consultado o 25/10/2017. 
  5. "Nos cumes do cántico Paco Ledo". espoesiadesdeagolada.blogspot.com.es. Consultado o 25/10/2017. 
  6. de Sousa e Sa e Outros, Ester (2018). Colectânea de Poesia Luso-Galaica. Acabamento Emp. Gráfica Feirense S.A. ISBN 978-989-54214-0-4. 
  7. "El Ribeiro, mucho más que un vino (1000 años en el arte, la literatura y la documentación)" (en castelán). Consultado o 2020-04-04. 
  8. "Instituto de Estudos Ulloáns". Instituto de Estudos Ulloáns. Consultado o 2020-04-04. 
  9. "El tercer número de 'Via Jacobitana, Camino de Invierno' presentado en Monforte". Creando tu Provincia. 2019-12-28. Consultado o 2020-04-04. 
  10. "El ayuntamiento de Sober colabora con la organización de la II Escaleira Literaria". Diario de Lemos (en castelán). 2019-04-30. Consultado o 2020-04-04. 
  11. martinho. "Acto de presentación do libro AS FEIRAS DE MONTERROSO, do Instituto de Estudos Ulloáns. Culturalia GZ" (en castelán). Consultado o 2020-04-04. 
  12. "Ángel Utrera participa en el poemario "E de súpeto o inverno"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-04-04. 
  13. asociacionescritoras-es. "Chantada: presentación de Ecos dos poetas de Chantada, de Xosé Lois García. Axenda cultural AELG". Consultado o 2020-04-04. 
  14. Martín do Pacio “Poemas”
  15. "HAIKUS GALEGOS de Paco Ledo" (PDF). culturaliagz.com. Consultado o 18/04/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]