Saltar ao contido

Mario Gibanel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMario Gibanel
Nome orixinalMario Gibanel Raluy
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Binéfar, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,85 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoMediocentro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Club Deportivo Binéfar


Mario Gibanel Raluy, nado en Binéfar o 27 de agosto de 1975, é un exfutbolista e adestrador español, que dende 2023 exerce como segundo adestrador do Deportivo da Coruña. Como futbolista xogaba de mediocentro e ao longo dos seus máis de 20 anos de carreira, disputou máis de 600 partidos, 228 deles na Segunda División. Dende a súa retirada traballa como adestrador asistente, sendo integrante habitual nos corpos técnicos de Imanol Idiakez.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como futbolista no Binéfar da súa vila natal, debutando co primeiro equipo na Segunda División B con só 16 anos. Con 17 anos chegou ao Deportivo Aragón, filial do Zaragoza no que militou dúas tempadas. Non conseguiu consolidarse e en 1995 regresou ao Binéfar,[1] onde xogou dous anos cunha breve cesión ao Huesca en 1996.[2] Na tempada 1997/98 vestiu a camiseta do Mallorca B, sendo titular indiscutible e logrando o ascenso a Segunda. Repetiu éxito na seguinte campaña, nas filas do Levante, cando o equipo se proclamou campión do Grupo III e ascendeu na promoción. Na tempada 1999/00 Gibanel debutou na categoría de prata, na primeira xornada ante o Logroñés nas Gaunas, onde sufriu unha lesión que o afastou durante meses dos terreos de xogo.

No mercado invernal do ano 2000 saíu cara ao Terrassa, no que militou durante os seguintes catro anos e medio. Na tempada 2001/02 conseguiu o terceiro ascenso á Segunda División da súa carreira, e durante os seguintes sete anos militou na segunda categoría do fútbol español, nas filas do propio Terrassa, do Ciudad de Murcia, do Granada 74 e do Nàstic de Tarragona.[3] Acumulou 228 partidos en Segunda, nos que marcou 19 goles.

A continuación xogou dúas campañas na UD Logroñés, antes de regresar en 2011 ao Binéfar, da Terceira División. Con todo, na campaña 2012/13 volveu saír para xogar co San Sebastián de los Reyes unha última campaña na Segunda División B,[4] categoría na que sumou un total de 251 partidos e 27 goles. Tralo descenso do equipo madrileño, xogou unha campaña máis no club antes de volver con 39 anos ao Binéfar,[5] ao que capitaneou ata que colgou as botas definitivamente.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2015/16 traballou por primeira vez con Imanol Idiakez, exercendo como segundo adestrador deste no Lleida, da Segunda División B.[6] Despois dun tempo traballando como observador para a canteira do Atlético de Madrid, en xuño de 2018 volveu con Idiakez para dirixir o Real Zaragoza, na Segunda División, ata que o corpo técnico foi cesado en outubro.[7] En 2019 acompañou o técnico vasco a Chipre, onde colleron as rendas do AEK Larnaca.

En abril de 2021 chegou á Cultural Leonesa para reforzar o corpo técnico, como asistente do irmán de Imanol Idiakez, Iñigo.[8] Na campaña 2021/22 foi segundo adestrador de José Juan Romero no Eldense.[9]

Para a tempada 2022/23 regresou con Imanol para traballar no Leganés.[10] No verán de 2023 Idiakez foi elixido como novo adestrador do Deportivo da Coruña, na Primeira División RFEF, e o técnico levou de novo consigo a Gibanel.[11]

  1. "El excanterano Gibanel será el segundo de Idiakez y Orozco el preparador físico" (en castelán). 18 de xuño de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  2. "El Huesca recibe al Toledo". Diario del Alto Aragón (en castelán). 23 de abril de 1996. p. 31. Consultado o 17 de setembro de 2023. [Ligazón morta]
  3. "El Nástic ficha a Gibanel" (en castelán). 11 de agosto de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  4. "Mario Gibanel pone rumbo a tierras madrileñas" (en castelán). 25 de xullo de 2012. Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  5. "Mario Gibanel es nuevo jugador del Club Deportivo Binefar". Facebook (en castelán). 26 de agosto de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  6. "Mario Gibanel cuelga las botas y será el segundo entrenador del Lleida Esportiu" (en castelán). Consultado o 11 de junio de 2018. 
  7. Bravo, Chema R. "Natxo González se despide y le releva Imanol Idiakez". Consultado o 11 de junio de 2018. 
  8. "Mario Gibanel llega a la Cultural" (en castelán). 6 de abril de 2021. Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  9. "JJ ROMERO YA TIENE SEGUNDO: MARIO GIBANEL" (en castelán). 3 de agosto de 2021. Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  10. "El C.D. Leganés completa el cuerpo técnico de Imanol Idiakez" (en castelán). 30 de xuño de 2022. Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  11. "Gibanel, “complementario” a Idiakez en el banquillo del Dépor". La Opinión A Coruña (en castelán). 12 de xullo de 2023. Consultado o 17 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]