Maria de Lourdes Pintasilgo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1930 Abrantes, Portugal |
Morte | 10 de xullo de 2004 (74 anos) Lisboa, Portugal |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemitério dos Prazeres (pt) , Jazigo Municipal 35A, Street 2 |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Socialista (Portugal) 14 de setembro de 1987 – 24 de xullo de 1989 Lexislatura: II lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Portugal (pt) | |
108ª Primeira ministra de Portugal | |
1 de agosto de 1979 – 3 de xaneiro de 1980 ← Carlos Mota Pinto (pt) – Francisco Sá Carneiro → Gabinete ministerial: V Governo Constitucional de Portugal (pt) | |
Datos persoais | |
Educación | Instituto Superior Técnico (pt) Universidade Técnica de Lisboa |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | política, enxeñeira |
Partido político | Partido Renovador Democrático (pt) Partido Socialista (Portugal) |
Premios | |
Maria de Lourdes Ruivo da Silva de Matos Pintasilgo GCC • GCIH • GCL, nada o 18 de xaneiro de 1930 en Abrantes e finada o 10 de xullo de 2004 en Lisboa, foi unha enxeñeira química, dirixente eclesiástica e política portuguesa. Foi a única muller que ostentou o cargo de Primeira ministra en Portugal, dirixindo o V Goberno Constitucional, en funcións dende xullo de 1979 ata xaneiro de 1980.[1]
Foi a segunda muller a desempeñar o cargo de Primeira ministra en Europa, dous meses despois da toma de posesión de Margaret Thatcher.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Maria de Lourdes Pintasilgo naceu no seo dunha familia de clase media en 1930.[2] O seu pai, Jaime de Matos Pintasilgo (nado o 9 de decembro de 1896 na freguesía de Conceição en Covilhã e finado o 10 de outubro de 1959 en Socorro, Lisboa) dedicábase ao comercio con la, e a súa nai era Amélia do Carmo Ruivo da Silva, nada en Vendas Novas. Os seus pais casaron en Abrantes o 14 de marzo de 1929.[3]
O seu pai abandonou a familia cando era nena, feito que lle afectou bastante na escola e por iso sempre evitou as relacións interpersoais correntes.[4] Á idade de sete anos comezou a asistir ao Liceu Filipa de Lencastre, unha escola de ensino secundario de Lisboa. Máis tarde destacou na organización xuvenil e militar Mocidade Portuguesa, fundada polo ditador Salazar. Tamén se uniu á organización estudantil para mulleres Acção Católica (que acabou liderando) e após os seus estudos no Instituto Superior Técnico obtivo o título de enxeñaría química industrial.[3]
Vida profesional
[editar | editar a fonte]Após graduarse en 1953 no Instituto Superior Técnico da Universidade de Lisboa, con 23 anos comezou a traballar como bolseira nun programa de colaboración coa Xunta de Enerxía Nuclear nacional.[5] Despois de completar o programa, comezou a traballar nunha gran compañía portuguesa con intereses en plantas de cemento, a Companhia União Fabril ou "CUF".[5] En 1954, ocupaba o posto de enxeñeira xefa na sección de estudos e proxectos.[5] A partir dese cargo pasou a ser directora de proxectos da empresa.[5] Mantivo o posto durante 7 anos, ata que deixou a empresa en 1960.[5]
Pintasilgo tiña fortes ligazóns coa Igrexa católica. Entre 1952 e 1956 foi presidenta do grupo de mulleres da Universidade Católica de Portugal en Lisboa. En 1956 chegou a ser a presidenta do grupo internacional de estudantes católicos Pax Romana. Tamén foi designada polo Vaticano como ligazón entre a Igrexa católica e o Consello Mundial de Igrexas. Despois de deixar a Companhia União Fabril, obtivo un traballo no goberno portugués ata 1969. En 1970, presidiu grupos de traballo do goberno relacionados con asuntos das mulleres, ademais de ser membro da delegación portuguesa ante as Nacións Unidas entre 1971 e 1972. En 1974 foi nomeada Secretaria de Estado para o benestar social no primeiro goberno provisional despois da Revolución dos Caraveis. En 1975 chegou a ser Ministra de Asuntos Sociais e tamén foi a primeira embaixadora de Portugal na UNESCO.[5]
Primeira ministra
[editar | editar a fonte]En 1979, o daquela Presidente de Portugal, António Ramalho Eanes, pediulle ser a Primeira ministra.[3] Pintasilgo asiumiu o cargo do Primeira ministra do goberno provisional portugués o 1 de agosto de 1979 por un período de tres meses.[6] Durante o seu mandato fixo presión para modernizar o anticuado sistema de benestar social do país. Tamén deixou a súa pegada facendo que a seguridade social fose universal e mellorando a atención médica, a educación e a lexislación laboral.[3]
En 1984 contribuíu con "Daring to be different" na antoloxía Sisterhood Is Global: The International Women's Movement Anthology, editado por Robin Morgan.[7]
Pintasilgo foi a primeira muller que se presentou como candidata á presidencia do país en 1986. Presentouse como independente pero só acadou o 7% dos votos. Ao ano seguinte foi elixida deputada do Parlamento Europeo como membro do Partido Socialista, posto que ocupou ata 1989.[2] Maria de Lourdes Pintasilgo morreu dunha parada cardiorrespiratoria no seu fogar de Lisboa o 10 de xullo de 2004, con 74 anos.[8]
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Eleccións presidenciais portuguesas de 1986
[editar | editar a fonte]Candidatos | Partidos políticos | Primeira rolda | Segunda rolda | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Votos | % | Votos | % | |||
Mário Soares | Partido Socialista | 1 443 683 | 25,43 | 3 010 756 | 51,18 | |
Diogo Freitas do Amaral | CDS – Partido Popular, Partido Socialdemócrata | 2 629 597 | 46,31 | 2 872 064 | 48,82 | |
Francisco Salgado Zenha | Partido Comunista Portugués, Partido Renovador Democrático | 1 185 867 | 20,88 | |||
Maria de Lourdes Pintasilgo | Independente | 418 961 | 7,38 | |||
Ângelo Veloso* | Partido Comunista Portugués | retirado | ||||
Total valid | 5 677 525 | 100,00 | 5 882 820 | 100,00 | ||
Votos en branco | 46 334 | 0,81 | 33 844 | 0,57 | ||
Votos nulos | 18 292 | 0,32 | 20 436 | 0,34 | ||
Total (porcentaxe do 75,38% e do 77,99% respectivamente) | 5 742 151 | 5 937 100 | ||||
*Retirouse en favor de Salgado Zenha. | ||||||
Fonte: Comissão Nacional de Eleições Arquivado 08 de abril de 2005 en Wayback Machine. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Joana Teles (10 de xullo de 2012). Pt Jornal, ed. "10 de julho, morre Lourdes Pintasilgo, a primeira chefe de Governo em Portugal" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Maria de Lourdes Pintasilgo", p. 32, The Times (London), 15 de xullo de 2004
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 O'Shaughnessy, Hugh, "Obituary: Maria de Lourdes Pintasilgo; Europe's Second Female Prime Minister", p. 34. The Independent (London), 14 de xullo de 2004
- ↑ Cook,Stephen and Stuart Wavell: "Thursday People: Lisbon's laby in waiting/ Maria de Lourdes Pintasilgo, Portuguese presidential candidate", The Guardian (London), 2 de xaneiro de 1986
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Associated Press, International News, Lisboa, Portugal, 19 de xullo de 1979
- ↑ "Portuguese New Government Sworn In", Xinhua General News Service, 3 de agosto de 1979
- ↑ Catalog.vsc.edu (ed.). "Table of Contents: Sisterhood is global :". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ "Portugal mourns much-loved female leader", EuroNews, 10 de xullo de 2004
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maria de Lourdes Pintasilgo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Skard, Torild (2014) "Maria de Lourdes Pintasilgo" in Women of Power - Half a century of female presidents and prime ministers worldwide, Brtistol: Policy Press, ISBN 978-1-44731-578-0.