Diogo Freitas do Amaral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diogo Freitas do Amaral
Nacemento21 de xullo de 1941
Lugar de nacementoPóvoa de Varzim
Falecemento3 de outubro de 2019
Lugar de falecementoCascais e Estoril
Causacancro
NacionalidadePortugal
Alma máterFaculdade de Direito da Universidade de Lisboa
Ocupaciónpolítico, diplomático, profesor universitario e escritor
PremiosCommander of the National Order of Merit, Order of the White Star, 1st Class, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo, Gran Cruz da Orde do Infante Don Enrique, Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, honorary doctor from the NOVA University Lisbon e Gran Cruz da Orde de San Olaf
Na rede
Find a Grave: 211606831 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Diogo Pinto de Freitas do Amaral, nado en Póvoa de Varzim o 21 de xullo de 1941 e finado o 3 de outubro de 2019, coñecido como Freitas do Amaral, foi un político, escritor e docente universitario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor de Dereito na Universidade de Lisboa, onde estudou.

Fundador, xunto con outros políticos, do partido Centro Socialdemócrata en 1974, meses despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974, sendo o seu presidente até 1982, e de novo entre 1988 e 1991.


Foi Ministro de Asuntos Exteriores dende o 12 de marzo de 2005 até o 3 de xullo de 2006. Tamén foi o primeiro ministro nun papel interino desde o 4 de decembro de 1980 até o 9 de xaneiro de 1981.

Frietas do Amaral foi candidato á presidencia en 1986 e perdeu por unha pequena marxe ante Mário Soares.

Foi presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas de 1995 a 1996.

Pasamento[editar | editar a fonte]

En setembro de 2019, Frietas do Amaral ingresou en estado crítico por un cancro de ósos nun hospital de Cascais.[1] Morreu no hospital o 3 de outubro de 2019 aos 78 anos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]