Marià Faura i Sans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarià Faura i Sans

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1886 Editar o valor em Wikidata
Barrio de Les Corts, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de novembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , divulgador científico , xeólogo , paleontólogo , catedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata

Marià Faura i Sans nado en Barcelona o 4 de agosto de 1886 e finado o 18 de novembro de 1941 foi un paleontólogo, xeólogo e profesor catalán.

Biografía[editar | editar a fonte]

Ordenado sacerdote en 1908, dende moi novo interesouse polos crustáceos, graptólitos e moluscos paleozoicos da man de Font i Sagué. Foi profesor no Seminario Conciliar, na Universidade de Barcelona e na Escola de Agricultura. Interesouse por diversos temas que estudou en profundidade, como a hidroxeoloxía dos Pireneos, o petróleo de Sant Joan de les Abadesses, a sismoloxía en Cataluña, e descubriu diversos minerais. Fundou un observatorio meteorolóxico en Vielha, dirixiu a elaboración dun Mapa Xeolóxico de Cataluña publicado pola Mancomunitat de Catalunya dende 1917 e foi o responsable da paleontoloxía do Museo de Ciencias Naturais de Barcelona. Publicou varios estudos.[1]

Actividade como docente[editar | editar a fonte]

A morte de Font i Sagué converteu a Faura no primeiro profesor eclesiástico da Facultade de Ciencias e da Escola Industrial, e o primeiro da escola de Xeoloxía do Seminario. Faura foi nomeado posteriormente axudante no Departamento de Zootecnia da Escola Superior de Agricultura, e tamén impartía as materias de Botánica e Zooloxía Agrícolas e Anatomía e Fisioloxía Vexetal. En outubro de 1903 gañou a cátedra de Xeoloxía e Agroloxía que ocupou durante dez anos. En 1913, con todo, foi nomeado profesor titular de Botánica e Mineraloxía na acabada de crear sección de Ciencias Naturais da Facultade de Ciencias, facendo un xuízo crítico de todas as especies. As moitas tarefas civís de Faura axudan a explicar o seu camiño.

En 1910, iniciou unha longa traxectoria no ensino universitario, que culminou coa obtención da cátedra de Xeoloxía en 1933, xa secularizado, que se prolongou ata a súa depuración ao comezo do franquismo.[2]

Faura tamén substituíu ocasionalmente a outros catedráticos de Xeografía e Xeoloxía Dinámica e de Xeoloxía Xeognóstica e Estratigráfica, e posteriormente pasou a ser axudante interino do grupo de Naturais e a partir de 1915, a auxiliar numerario; tamén foi axudante da materia de Mineraloxía e Botánica do curso preparatorio de Antón Vila Nadal.

Faura aplicou o método pedagóxico das excursións (ao Observatorio Fabra, ao Cabo de Creus, ás minas de Sant Joan de les Abadesses, aos volcáns de Olot etc.), como antes cando era alumno de Font i Sagué e Odón del Buen i del Cos. Tamén mostrou interese pola vulcanoloxía e a sismoloxía recollendo datos sísmicos desde 1909.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Marià Faura i Sans". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. Universitat de Girona (ed.). "“Per Déu i per la Ciència”. L’església i la ciència a la Catalunya de la restauración (1874-1923)" (PDF). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]