Zootecnia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A zootecnia é o conxunto de ciencias e técnicas empregadas para mellorar as potencialidades dos animais domésticos e domesticábeis, coa finalidade de incrementar o seu rendemento na obtención de produtos ou servizos de todo tipo para beneficio humano (carne, leite, ovos, la, forza de tracción etc.).

Trátase dunha ciencia multidisciplinar que deriva directamente da bioloxía como unha zooloxía aplicada, na que se integran as aplicacións particulares de varias áreas de coñecemento: a xenética animal, a fisioloxía, a selección reprodutiva, a nutrición, a etoloxía e a epidemioloxía. A zootecnia da produción de animais é indisociábel da agronomía e o seu principal obxectivo é "producir o máximo, no menor tempo, tendo en conta o benestar animal".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]