Antón Vila Nadal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antón Vila Nadal
Nacemento1861
 Barcelona
Falecemento1956
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbiólogo
Profesiónbiólogo
editar datos en Wikidata ]

Antón Vila Nadal, nado en Barcelona en 1861 e falecido en 1956, foi un biólogo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Finalizou os seus estudos universitarios en Madrid e pasou á Universidade de Santiago de Compostela como profesor de Historia natural, introducindo as teses darwinistas no seu ensino[Cómpre referencia]. A súa pedagoxía caracterizouse polo ensino activo cunha visión moderna do seu quefacer, con fincapé na realización de excursións e de clases prácticas en substitución das clases e dos exames tradicionais[Cómpre referencia].

Salientable investigador e pedagogo, deixou escritas un bo número de obras sobre temas relacionados coa Historia natural. Creou varias revistas de divulgación científica, construíu e exhibiu un acuario ambulante e participou na polémica darwinista da época.

Puxo a primeira pedra da Estación de Bioloxía mariña, a súa dedicación como investigador, en Carril (Vilagarcía) no ano 1900.