Margaret Sullavan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1909 Norfolk (Estados Unidos de América) |
Morte | 1 de xaneiro de 1960 (50 anos) New Haven (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | suicidio, sobredose |
Lugar de sepultura | Virxinia |
Educación | Chatham Hall |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de teatro, actriz de televisión |
Período de actividade | 1929 - 1960 |
Familia | |
Cónxuxe | Kenneth Wagg (1950–) Leland Hayward (1936, 1936–1947) William Wyler (1934–1936) Henry Fonda (1931–1933) |
Fillos | Brooke Hayward () Leland Hayward Bridget Hayward () Leland Hayward William Leland Hayward () Leland Hayward |
Pais | Cornelius Sullavan e Garland Brooke Council |
Premios | |
|
Margaret Brooke Sullavan, nada en Norfolk (Virxinia) o 16 de maio de 1909 e finada en New Haven (Connecticut) o 1 de xaneiro de 1960, foi unha actriz estadounidense, célebre polos seus papeis en melodramas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sullavan descubriu a paixón polo teatro en Cambridge, Massachusetts, onde participou en varias pezas. Debutou en Broadway en 1931 con A Modern Virgin.[1] Dous anos despois, contratada por Universal Pictures, protagonizou o melodrama de éxito Only Yesterday (1933).[2] O seu seguinte filme, Little Man, What Now? (1934), confirmou a súa capacidade de emocionar o público.[3] Seguírono outros triunos, como Three Comrades (1938), pola que foi candidata ao óscar, The Shop Around the Corner (1940), terceiro dos seus traballos con James Stewart e Back Street (1941), polo que recibiu algunhas das súas mellores críticas.
En 1931 casou con Henry Fonda, con quen traballara no teatro.[4] O matrimonio durou poucos meses e rematou en divorcio, mais continuaron sendo amigos. O seu segundo marido foi o director William Wyler, que a dirixiu en The Good Fairy (1935).[5] A unión rematou tamén en divorcio despois de menos de dous anos. En 1936 Sullavan casou co axente Leland Hayward, con quen tivo tres fillos e do que se divorciou once anos despois.[6] Finalmente, en 1950, casou por última vez, agora co home de negocios inglés Kenneth Wagg, con quen ficou até a morte.[6]
De espírito rebelde, insegura e con fobia do estrelato, Sullavan acabou facendo unha carreira curta no cinema. Reiteradamente rexeitaba un filme atrás do outro, razón pola que só traballou en dezaseis filmes. A mediados da década de 1940, co agravamento dunha xordeira persistente, afastouse do cinema. Aínda fixo un filme en 1950, mais a esa altura xa se dedicaba de corpo e alma á súa grande paixón, o teatro.
Morte
[editar | editar a fonte]Deprimida coas críticas negativas do seu último espectáculo, inxeriu unha dose excesiva de barbitúricos no día de Aninovo. En coma profundo, faleceu camiño do hospital.[7] Segundo o laudo oficial, a morte foi por accidente,[8] mais esa conclusión é contestada por moitos. A actriz contaba con apenas cincuenta anos de idade.[9] Foi sepultada no Saint Mary's Whitechapel Episcopal Churchyard, no condado de Lancaster (Virxinia).[10]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe |
---|---|---|
1933 | Only Yesterday | Mary Lane |
1934 | Little Man, What Now? | Emma "Lämmchen" Pinneberg |
1935 | The Good Fairy | Luisa "Lu" Ginglebusher |
So Red the Rose | Valette Bedford | |
1936 | Next Time We Love | Cicely Tyler |
The Moon's Our Home | Cherry Chester/Sarah Brown | |
1938 | Three Comrades | Patricia "Pat" Hollmann |
The Shopworn Angel | Daisy Heath | |
The Shining Hour | Judy Linden | |
1940 | The Shop Around the Corner | Klara Novak |
The Mortal Storm | Freya Roth | |
1941 | Back Street | Ray Smith |
So Ends Our Night | Ruth Holland | |
Appointment for Love | Dr. Jane Alexander | |
1943 | Cry 'Havoc' | Lt. Mary Smith |
1950 | No Sad Songs for Me | Mary Scott |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rinella, Michael D. (25 de xullo de 2019). Margaret Sullavan: The Life and Career of a Reluctant Star (en inglés). McFarland. ISBN 978-1-4766-3605-4.
- ↑ Quirk (1986), pp. 27–29.
- ↑ Quirk (1986), pp. 31–35.
- ↑ Houghton (1951), pp. 254–257.
- ↑ Quirk (1986), pp. 35, 44.
- ↑ 6,0 6,1 Quirk (1986), pp. 74–75, 90.
- ↑ "Actress Dies at 48". Reading Eagle. 2 de xaneiro de 1960. Consultado o 15 de outubro de 2014.
- ↑ "Sullavan Death Laid to Barbiturates". Reading Eagle. 5 de xaneiro de 1960. Consultado o 25 de febreiro de 2013.
- ↑ Unonius, Kristian Erik (2006). "Margareth Sullavan". Matinê (39).
- ↑ "SULLAVAN DEATH HELD ACCIDENTAL; Coroner Issues Report -- Many Attend Memorial Service in Greenwich". nytimes.com (en inglés). 5 de xaneiro de 1960. Consultado o 01 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Margaret Sullavan |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hayward, Brooke (1977). Haywire. Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-394-49325-7.
- Houghton, Norris (1951). But Not Forgotten: The Adventure of the University Players (en inglés). Nova york: William Sloan Associates.
- Kennedy, Harold J. (1978). No Pickle, No Performance. An Irreverent Theatrical Excursion from Tallulah to Travolta (en inglés). Doubleday. ISBN 978-0385132411.
- Quirk, Lawrence J. (1986). Margaret Sullavan: Child of Fate (en inglés). Nova York: St. Martin's Press. ISBN 0-312-51442-5.
- Rinella, Michael D. (2019). Margaret Sullavan: The Life and Career of a Reluctant Star (en inglés). Jefferson (Carolina do Norte): McFarland. ISBN 978-1-4766-3605-4.