Margaret Cavendish
Margaret Cavendish | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1623 e 1617 |
Lugar de nacemento | Colchester |
Falecemento | 15 de decembro de 1673 |
Lugar de falecemento | Reino de Inglaterra |
Soterrada | Abadía de Westminster |
Nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Ocupación | filósofa, física, poeta, escritora, ensaísta, escritora de ciencia ficción e dama de companhia |
Pai | Thomas Lucas |
Nai | Elizabeth Leighton |
Cónxuxe | William Cavendish, 1.° Duque de Newcastle-upon-Tyne |
Irmáns | John Lucas, 1st Baron Lucas of Shenfield, Charles Lucas e Thomas Lucas |
Coñecida por | The Blazing World |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Margaret Cavendish, nada en 1623 e finada o 15 de decembro de 1673, foi unha escritora en lingua inglesa e Duquesa de Newcastle.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Non recibiu unha educación diferente doutras nenas acomodadas da época. Con todo, destacou no seu interese pola ciencia natural e matemática. Exiliada coa súa familia por cuestións políticas en París no 1642, coñeceu e casou con William Cavendish, no 1645, co que desenvolveu a súa actividade e formou parte do grupo científico e intelectual da cidade. Coa restauración, o seu marido foi nomeado Duque de Newcastle, volvendo a Inglaterra. O seu campo de actuación abrangue a poesía, filosofía, ensaio... incluíndo a que se considera precursora das novelas de ficción científica, The Blazing World. Editou a súa obra co seu propio nome, en contra do usual na época nas familias acomodadas, e é a única muller inglesa da época que publicou máis dun libro. Dentro da súa faceta científica destaca a publicación de Observations upon Experimental Philosophy no 1668.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)