Marcus Walz
(2014) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Marcus Cooper Walz 3 de outubro de 1994 Oxford, Reino Unido |
| Residencia | Mallorca |
| Altura | 1,86 m |
| Peso | 85 kg |
| Actividade | |
| Ocupación | caiaquista |
| Nacionalidade deportiva | España |
| Deporte | piragüismo |
| Participou en | |
| 2024 | Xogos Olímpicos de 2024–Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2024 - K-4 500 m masculino (pt) |
| 16 de agosto de 2016 | Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - K-1 1000 m masculino (pt) |
| 2016 | Xogos Olímpicos de 2016–piragüismo (medalla de ouro olímpica) |
| Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - K-4 500 m masculino (pt) |
|
Marcus Cooper Walz, nado en Oxford o 3 de outubro de 1994, é un piragüista español que compite internacionalmente dende 2010. Foi unha vez campión do mundo, dúas veces campión de Europa e gañou dúas medallas olímpicas: un ouro en K-1 1000 metros en Río 2016 e unha prata en K-4 500 metros en Tokyo 2020.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en Oxford dun pai británico e dunha nai alemá, a familia estableceuse en Mallorca cando Walz tiña 3 meses.[1] Gañou a súa primeira medalla internacional no Campionato Mundial de 2014 en Moscova, ao rematar terceiro en K1 500 metros. Dous anos despois logrou a prata mundial na mesma categoría, no mesmo ano en que se proclamou campión olímpico en Río 2016, esta vez nos 1.000 metros.
A partir do seguinte ano pasou a competir en K2 e K4. Proclamouse en 2017 campión de Europa en K4 1000m (xunto a Francisco Cubelos, Javier Cabañín e Iñigo Peña), campión do mundo en K2 500 (xunto ao galego Rodrigo Germade) e subcampión do mundo en K4 500 (xunto a Rodrigo Germade, Cristian Toro e Carlos Garrote). Xunto a Germade, Toro e esta vez con Saúl Craviotto, proclamouse campión de Europa en 2018 en Belgrado no K4 500, mentres que obtivo a medalla de prata no mesmo campionato en K2 500 formando parella con Germade. Tamén en 2018 gañou a prata mundial en K4 500, no campionato celebrado en Montemor-o-Velho. Repetiu resultado no Mundial de 2019 en Szeged, no equipo formado por el, Craviotto, Germade e Carlos Arévalo.
En marzo de 2021 logrou clasificarse para a proba de K4 500 m dos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.[2] Na capital xaponesa, clasificáronse para as semifinais como primeiros da súa serie e metéronse na final ao acabar as semifinais tamén na primeira posición.[3] Xa na regata final, colocáronse na primeira posición dende a saída, pero foron adiantados nos metros finais pola piragua alemá, obtendo deste xeito a medalla de prata.[4] Un mes e medio despois proclamouse xunto a Germade, campión do mundo de K2 500, no certame celebrado en Copenhague, superando por menos dun segundo á embarcación alemá de Martin Hiller e Tobias-Pascal Schultz.[5]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]| Xogos Olímpicos | |||
|---|---|---|---|
| Ano | Lugar | Medalla | Competición |
| 2016 | K1 1000 m | ||
| 2021 | K4 500 m | ||
| Campionato Mundial | |||
| Ano | Lugar | Medalla | Competición |
| 2014 | K1 500 m | ||
| 2015 | K2 500 m | ||
| 2017 | K2 500 m | ||
| 2017 | K4 500 m | ||
| 2018 | K4 500 m | ||
| 2019 | K4 500 m | ||
| 2021 | K2 500 m | ||
| Campionato Europeo | |||
| Ano | Lugar | Medalla | Competición |
| 2017 | K4 1000 m | ||
| 2018 | K4 500 m | ||
| 2018 | K2 500 m | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "De Oxford a Mallorca: Marcus Cooper Walz se hace con el oro en la modalidad K1 de 1000 metros". Consultado o 4 de outubro de 2020.
- ↑ Varela, María (23 de marzo de 2021). "Arévalo se confirma también en el K4". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 29 de xullo de 2021.
- ↑ Alonso, Paulo (7 de agosto de 2021). "Galicia luce como potencia mundial con la plata del K4 500 en Tokio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ "El K4 500 liderado por Craviotto es de... ¡Plata!" (en castelán). 7 de agosto de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ "Walz y Germade suman otro oro al festival español en Copenhague". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de setembro de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2021.