Saúl Craviotto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Saúl Craviotto
Saúl Craviotto 2013 (cropped).jpg
Nome completoSaúl Craviotto Rivero
Nacemento3 de novembro de 1984
Lugar de nacementoLleida
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónkayaker e policía
PremiosMedalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
Na rede
http://www.saulcraviotto.com
Twitter: Saul_Craviotto Olympic.org: saul-craviotto-rivero Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Saúl Craviotto Rivero, nado en Lleida o 3 de novembro de 1984, é un piragüista e policía español, especialista na modalidade de kayak. É dobre campión olímpico, en Pequín 2008[1] e Río de Xaneiro 2016,[2] e tres veces campión do mundo, nos anos 2009, 2010 e 2011.

Participou en catro Xogos Olímpicos de Verán, obtendo en total cinco medallas, ouro en Pequín 2008, prata en Londres 2012, ouro e bronce en Río de Xaneiro 2016 e prata en Toquio 2020.

Gañou dez medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 2007 e 2019, e seis medallas no Campionato Europeo de Piragüismo entre os anos 2008 e 2018.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, gañou a medalla de ouro na proba de K2 500 m, a carón de Carlos Pérez Rial, cun tempo de 1,28 minutos.[1] En Londres 2012 gañou a medalla de prata na proba de K1 200 m.[4]

Nos Xogos de Río de Xaneiro 2016 logrou a medalla de ouro na proba de K2 200 m, a carón de Cristian Toro.[2] Dous días despois, conseguiu a medalla de bronce na proba de K1 200 m.[5] Na súa cuarta participación olímpica, en Toquio 2020, gañou a medalla de prata na proba de K4 500 m,[6] e foi, xunto coa nadadora Mireia Belmonte, o abandeirado español na cerimonia de apertura.[7]

Polos seus éxitos deportivos foi galardoado en 2009 coa Medalla de Ouro da Real Orden del Mérito Deportivo[8] e en 2016 co Premio Nacional do Deporte Don Felipe de Borbón.[9]

Craviotto traballa como axente da Policía Nacional na Comisaría de Xixón.[10] Ademais do seu traballo e do seu adestramento deportivo, apareceu nalgúns programas de televisión; en 2017 participou na segunda edición do concurso de cociña de Televisión Española MasterChef Celebrity España, no que resultou gañador.[11]

Notas[editar | editar a fonte]