Cristian Toro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cristian Toro
Información persoal
NacionalidadeEspaña
Nacemento29 de abril de 1992 (29 anos)
Illa de Margarita, Venezuela
ResidenciaTrasona, Principado de Asturias
Altura1´88 m
Peso90 kg
Deporte
DeportePiragüísmo en augas tranquilas
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Competindo para España España:
Xogos Olímpicos
Ouro Río 2016 K-2 200 m

Cristian Isaac Toro Carballo, nado na Illa de Margarita, Venezuela, o 29 de abril de 1992, é un piragüista galego, medallista olímpico.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de pais galegos emigrados en Venezuela, retornados a España (Madrid) no ano 2001 e a Galicia en 2005.

Gañou unha medalla de ouro olímpica en Río 2016, canda o ilerdense Saúl Craviotto, na proba K-2 200 m.[2]

Participou como tronista no programa televisivo Mujeres y hombres y viceversa de Telecinco e mantén unha relación sentimental coa xornalista Irene Junquera.[3]

Gañou catro medallas de prata no Campionato Mundial de Piragüismo, nos anos 2017 e 2018, e dúas medallas de ouro no Campionato Europeo de Piragüismo de 2018.[4]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Xogos Olímpicos
Ano Lugar Medalla Competición
2016 Río de Xaneiro (Flag of Brazil.svg Brasil) Medalla de ouro K2 200 m
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2017 Račice (República Checa República Checa) Medalla de prata K2 200 m
2017 Račice (República Checa República Checa) Medalla de prata K4 500 m
2018 Montemor-o-Velho (Portugal Portugal) Medalla de prata K2 200 m
2018 Montemor-o-Velho (Portugal Portugal) Medalla de prata K4 500 m
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2018 Belgrado (Serbia Serbia) Medalla de ouro K2 200 m
2018 Belgrado (Serbia Serbia) Medalla de ouro K4 500 m

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]