Partido Republicano Radical Socialista Independiente
| Partido Republicano Radical Socialista Independiente | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Posición política
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata |
O Partido Republicano Radical Socialista Independiente (PRRSI) foi un partido político español de ideoloxía republicana de esquerda e de breve existencia durante a Segunda República Española. Orixinado no seo do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), en 1933 profundas discrepancias sobre a colaboración cos socialistas no goberno abriron unha grave fenda no PRRS. Os sectores máis esquerdistas, liderados por Marcelino Domingo e Álvaro de Albornoz, partidarios de manter a coalición co PSOE, enfrontáronse ao sector máis dereitista, encabezado por Félix Gordón de Ordás, máis proclive ao achegamento ao Partido Radical de Lerroux. A finais dese ano, o sector progresista abandonou o partido para fundar o PRRSI, que se fusionou con Acción Republicana e a Organización Republicana Gallega Autónoma para dar lugar a Izquierda Republicana, o 3 de abril de 1934.