Freixenet é unha empresa familiar catalá adicada á produción e comercialización de cava e viños. Actualmente o Grupo Freixenet ten 18 adegas en sete países.
A empresa ten as súas orixes na unión de dúas familias especializadas no sector do viño: os Ferrer, propietarios da herdade a Freixeneda orixinaria do século XIII, e os Salas, fundadores de Casa Sala. Pedro Ferrer Bosch casou con Dolores Sala Vivé. As orixes de Freixenet foron na produción de cava como alternativa á produción de viño en 1914. Nos anos 1920 e 1930 a marca comezou a acadar sona e ata en 1935 chegaron a vender cava nos Estados Unidos. A Guerra Civil Española fixo que a familia perdese o control da empresa que durante a guerra civil española e a segunda guerra mundial fixeron que a empresa crecese moi lentamente. En 1941 sacaron ao mercado a súa marca "Carta Nevada" e en 1974 Freixenet lanza "Cordón Negro" que véndese xa en máis de 140 países. Desde os anos 1970 Freixenet comezou a súa expansión nos mercados internacionais.
A día de hoxe Freixenet é a empresa que máis cava vende fóra de España. Dende os anos 1920 a empresa caracterízase por unha publicidade diferenciadora; Os seus carteis e dende 1977 polos seus anuncios de televisión polo Nadal.