Saltar ao contido

Exodus: Gods and Kings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Exodus: Gods and Kings
 Título
Exodus: Gods and Kings Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Temática
 Tema principal
 Ambientado en
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Recadación
268.175.631 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
140.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
7 de decembro de 2014 (Nova York)
3 de decembro de 2014 (Londres, Corea do Sur)
10 de decembro de 2014 (Indonesia, Xamaica, Trinidad e Tobago, Taiwán)
5 de decembro de 2014 (España, India, Nepal, Filipinas, Paraguai)
4 de decembro de 2014 (Arxentina, Australia, Fiji, Hong Kong, México)
11 de decembro de 2014 (Armenia, Belarús, Grecia, Hungría, Israel, Malaisia, Porto Rico, Portugal, Singapur, Eslovenia, Tailandia) Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración150 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
Recoñecemento
 Puntuación da crítica
29% Rotten Tomatoes (11 de xaneiro de 2026)
52/100 Metacritic (11 de xaneiro de 2026)
5/10 Rotten Tomatoes (9 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF313501375 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0xpqbly Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt1528100 Filmaffinity: 525009 Allocine: 208430 Rottentomatoes: m/exodus_gods_and_kings Mojo: exodus Allmovie: v582604 TCM: 2046253 Metacritic: movie/exodus-gods-and-kings TV.com: movies/exodus-gods-and-kings BNE: XX5564511 Netlix: 70305928 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Exodus: Gods and Kings (literalmente Éxodo: Deuses e Reis) é un filme épico estadounidense de 2014 dirixido por Ridley Scott e escrito por Adam Cooper, Bill Collage, Jeffrey Caine e Steven Zaillian. Trátase dunha coprodución entre os Estados Unidos, o Reino Unido e España e foi producido por Peter Chernin, Ridley Scott, Jenno Topping, Michael Schaefer e Mark Huffam con música de Alberto Iglesias. Os protagonistas do filme son Christian Bale, Joel Edgerton, John Turturro, Aaron Paul, Ben Mendelsohn, María Valverde Rodríguez, Sigourney Weaver, Ghassan Massoud, Indira Varma, Golshifteh Farahani e Ben Kingsley. Está inspirado no episodio bíblico do éxodo dos hebreos dende Exipto liderados por Moisés e que está relatado no libro do Éxodo.

Produción

[editar | editar a fonte]

Contra o 15 de marzo de 2013, Deadline.com informou que Ridley Scott quería a Christian Bale como protagonista do filme[2] a quen posteriormente confirmou o papel de Moisés o 13 de agosto a seguir.[3] O mesmo día, Joel Edgerton tamén se uniu ao repartimento co fin de interpretar a Ramsés xunto a Bale; e confirmouse que a produción empezaría en setembro.[4] O estudio anunciou os castings na Almería e Fuerteventura para buscar uns 4500 extras.[5] O 27 de agosto, Aaron Paul tamén se uniu ao filme, co papel de Xosué.[6] Sigourney Weaver, Ben Kingsley e John Turturro tamén conversaron para se unir ao elenco o mesmo día.[7]

Decorados do filme en Pechina, Almería en novembro de 2013, tralo fin da rodaxe na zona.

A filmación da película comezou en setembro de 2013 en Pinewood Studios (Londres).[8] En outubro o equipo trasladouse a España para rodar os exteriores en Almería e máis tarde, en Fuerteventura (Illas Canarias).

Posprodución

[editar | editar a fonte]

O 8 de xullo de 2014 anunciouse que Alberto Iglesias sería o encargado de realizar a banda sonora do filme.[9] O 9 de xullo saíu á luz o primeiro tráiler de Exodus.[10]

Lanzamento

[editar | editar a fonte]

Exodus: Gods and Kings foi estreada o 5 de decembro en España (incluíndo Galiza coa dobraxe castelá) e o 12 de decembro nos Estados Unidos.[11]

Recepción

[editar | editar a fonte]

As primeiras críticas de Exodus foron desde mixtas a positivas. En Rotten Tomatoes, o filme mantén unha cualificación de 64%, baseada en 11 comentarios, cunha cualificación media de 7.2 / 10.[12] En Metacritic, o filme ten unha puntuación de 61 sobre 100, baseada en 6 críticos, indicando «críticas xeralmente favorábeis».[13]

  1. D. Martínez (17 de outubro de 2013). "Christian Bale y María Valverde participarán en el rodaje de ‘Exodus’ en Macael". El Almería. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  2. "Christian Bale Eyeing Moses?". deadline.com. 14 de marzo de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  3. "‘EXODUS’ CONFIRMS CHRISTIAN BALE AS MOSES, CASTING JOEL EDGERTON AS RAMSES". screencrush.com. 13 de agosto de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  4. "Joel Edgerton to Battle Christian Bale in ‘Exodus’". variety.com. 13 de agosto de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  5. "‘Moses’ Calls For Extras In Spain; Masses Flock". deadline.com. 20 de agosto de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  6. "‘Breaking Bad’ Star Aaron Paul Joins Christian Bale in Moses Biblical Drama ‘Exodus’". variety.com. 27 de agosto de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  7. "Ridley Scott In ‘Exodus’ Talks With Ben Kingsley, John Turturro, Sigourney Weaver, Aaron Paul". deadline.com. 27 de agosto de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  8. "Joel Edgerton Talks FELONY, Ridley Scott’s EXODUS, JANE GOT A GUN Production Troubles, His Directorial Debut, and More at TIFF 2013". collider.com. 15 de setembro de 2013. Consultado o 21 de setembro de 2014. 
  9. "Alberto Iglesias to Score Ridley Scott’s ‘Exodus: Gods and Kings’". filmmusicreporter.com. 8 de xullo de 2014. Consultado o 21 de setembro de 2014. 
  10. "EXODUS: GODS AND KINGS Trailer: Christian Bale and Joel Edgerton Square Off in Ridley Scott’s Biblical Epic". collider.com. 9 de xullo de 2014. Consultado o 21 de setembro de 2014. 
  11. "First Look: Christian Bale as Moses in Fox’s ‘Exodus’". variety.com. 30 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2014. Consultado o 1 de decembro de 2014. 
  12. "Exodus: Gods and Kings - Rotten Tomatoes". rottentomatoes.com. Consultado o 1 de decembro de 2014. 
  13. "Exodus: Gods and Kings Reviews - Metracritic". metacritic.com. Consultado o 1 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]