Marisol Díaz Mouteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Sol Díaz Mouteira»)
Infotaula de personaMarisol Díaz Mouteira

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Kelkheim (Taunus), Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeputada do Parlamento de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Marisol Díaz Mouteira, nada en Kelkheim[1] (estado de Hesse, Alemaña) en 1967, é unha política galega, afiliada ao PPdeG e deputada no Parlamento de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito pola UNED e especializouse en Mediación Familiar e Dereito Civil. Funcionaria do Corpo Superior da Xunta de Galicia. Dende o ano 2003 ocupou diversos cargos representando ao Goberno galego na provincia de Ourense. Ese ano e ata 2005 foi delegada provincial da Consellería de Xustiza, estando de presidente da Xunta Manuel Fraga.

En 2009, con Alberto Núñez Feijóo como presidente do Goberno autonómico e Rogelio Martínez González como delegado territorial da Xunta na provincia de Ourense, foi nomeada xefa territorial da Consellería de Educación, cargo que abandonou en febreiro de 2012 para ocupar un escano no Parlamento de Galicia, en substitución de José Manuel Baltar Blanco. En marzo de 2013 asumiu a Xefatura territorial da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza [2], cargo que desempeñará ata o mes de xaneiro de 2015, data na que accedeu á Secretaría Territorial da Delegación da Xunta en Ourense.[3] Seis meses despois, en xuño, dimitiu deste cargo para tomar posesión como deputada autonómica en substitución de Jesús Vázquez Abad.[4]

O consello da Xunta de Galicia, reunido o 8 de outubro de 2015, nomeouna delegada territorial da Xunta en Ourense, logo do cesamento de Rogelio Martínez González.[5][6][7]

En xullo de 2020 presentouse como número 1 das listas do Partido Popular de Galicia na provincia de Ourense ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, e loxicamente saíu elixida.[8]

En setembro de 2020 foi destituída do seu cargo como delegada da Xunta en Ourense e substituída por Gabriel Alén.[9] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Ourense.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Marisol Díaz Mouteira". Candidatos ás eleccións. Consultado o 2021-05-18. 
  2. "Mouteira vuelve a un cargo institucional como jefa territorial de Presidencia". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 29/06/2016. Consultado o 7/5/2016. 
  3. "Díaz Mouteira é a nova secretaria territorial da Xunta en Ourense" Arquivado 11 de xuño de 2016 en Wayback Machine. La Voz de Galicia.
  4. "Díaz Mouteira: ‘Ofrezco trabajo e ilusión en esta etapa como diputada'". La Región (en castelán). 23/6/2015. Consultado o 2/4/2020. 
  5. "Feijóo coloca a una abogada afín a Baltar en la Delegación de la Xunta". La Región (en castelán). 2015-10-08. Consultado o 2020-04-02. 
  6. "Feijóo cesa a Rogelio Martínez, imputado desde 2006, e nomea delegada a Marisol Díaz". Faro de Vigo. Consultado o 2/4/2020. 
  7. "Díaz jura el cargo de delegada de la Xunta en Ourense". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2016. Consultado o 07 de maio de 2016. 
  8. "Díaz Mouteira repetirá como cabeza de lista del PP por Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-02-29. Consultado o 2021-05-18. 
  9. Región, La (2020-09-17). "Gabriel Alén, nuevo delegado de la Xunta de Galicia en Ourense". La Región (en castelán). Consultado o 2021-05-18. 
  10. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.